Gran Teatro da Habana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Teatro da Habana
Gran Teatro da Habana
Coordenadas23°08′13″N 82°21′35″O / 23.136828, -82.359604Coordenadas: 23°08′13″N 82°21′35″O / 23.136828, -82.359604
editar datos en Wikidata ]

O Gran Teatro da Habana é unha das principais institucións culturais da capital cubana, icona arquitectónica da cidade, e sede do Ballet Nacional de Cuba. Está situado ó lado do Capitolio.

O edificio foi inaugurado en 1838 como Palacio do Centro Galego da Habana, xa que servía como lugar de reunión para os emigrantes galegos da cidade. En 1908 comezaron as obras do novo edificio neobarroco, que foi rematado en 1915. Nel interpretouse a primeira versión musical de "Negra sombra" en 1892, aínda baixo o dominio español da illa, e logo estreouse o himno galego en 1907, durante a segunda ocupación estadounidense.

A sala principal do edificio é o Auditorio García Lorca, con capacidade para 1500 persoas.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]