Portada (arquitectura)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portada da Igrexa románica de Gomariz
En arquitectura, unha portada é a entrada principal que xeralmente se presenta profusamente ornamentada, principalmente nunha igrexa, catedral ou nun gran edificio. As portadas evolucionaron desde os antigos portais da antiga Grecia.
A portada nas igrexas cristianas, ao orientárense cara o leste, adoita situarse na fachada occidental aos pes do edificio, pero algúns templos tamén presentan a súa portada nunha fachada lateral. Son a parte exterior máis coidadosamente decorada, ainda que na arquitectura románica a cabeceira adoita tamén ser igualmente considerada.