Darth Vader

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Darth Vader

Cargo: Señor Escuro dos Sith.
Supremo Comandante da Flota Imperial.
Executor Militar.
Líder do Escuadrón da Morte.
Afiliación: Imperio Galáctico.
Sith.
Raza: Humano (episodios I-III), parcialmente humano máis Cyborg (episodios III-VI).
Planeta natal: Tatooine.
Equipo habitual: Sable de luz.
Vehículo habitual: Detrutor. Executor.
TIE advanced X-1.
Varios destrutores estelares.

Darth Vader é un personaxe de ficción e o antagonista principal da triloxía orixinal de Star Wars. Anteriormente, Vader foi Anakin Skywalker, un lendario Cabaleiro Jedi. A primeira triloxía segue a Anakin no seu xurdimento heroico e a súa tráxica caída ao lado escuro da Forza, converténdoo en Vader.

Interpretacións[editar | editar a fonte]

Interpretouno David Prowse na triloxía orixinal, aínda que o especialista Bob Anderson foi quen realizou as escenas de loita con sabre de luz en The Empire Strikes Back e Return of the Jedi. O actor Sebastian Shaw realizou orixinalmente a interpretación do Valder descuberto en Return of the Jedi, non obstante parte da metraxe cambiouse na edición en DVD en 2004 saíndo Hayden Christensen na aparición de Vader como pantasma. James Earl Jones deulle a voz en toda a serie.

Historia[editar | editar a fonte]

Para axudar ao seu novo mestre, Darth Sidious, a expandir o Imperio Galáctico, Darth Vader axudou a exterminar a tódolos Jedis restantes da Galaxia, aínda que a tarefa non foi completamente realizada (sobreviviu Obi-wan Kenobi e o mestre Yoda).

Darth Vader, foi a man dereita executora de Palpatine, usando as súas habilidades e a súa brutalidade para levar a cabo os seus fins. Estaba ao mando da temible Lexión 501, os que unha vez foron os mellores soldados da Antiga República, agora eran os máis despiadados soldados de asalto. Vader empregou esta lexión na maioría das súas misións, aínda que non foi o único, pois a miúdo destacamentos debían ir apoiar a outros comandantes. Vader foi quen, tras a morte do Comandante Appo, elixiu ao Comandante Bow como novo líder da 501.

Nunha ocasión enfrentouse co revivido Darth Maul. Logrou vencelo ao empalarse a sí mesmo e ao Zabrak.

Tras moitos anos de atrocidades establecendo o férreo control da Nova Orde sobre a Galaxia, Vader converteuse nunha figura temida e respectada en toda a Galaxia. Non dubidaba en executar de forma implacable ós seus subordinados, por pequeno que fose o erro e indiferentemente da altura do cargo; ata tal punto chegaba a súa ira (posteriormente, este estilo de goberno sería chamado "o Estilo Vader"[Cómpre referencia], o cal empregaba a miúdo Thrawn como exemplo).