Hemiciclo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teatro grego en Taormina (Sicilia)

Por hemiciclo (do grego emi, medio e kyklos círculo) enténdese en arquitectura, un elemento ou estrutura que se dispón en forma semicircular. O termo indica xeralmente a forma arquitectónica cóncava como a famosa Praza do Plebiscito (Nápoles) ou a da Praza da República (Roma). A miúdo, utilízase tamén para desginar a forma da ábsida.

A elección de forma curva en lugar da angular (por exemplo, cadrada) pode estar xustificada por esixencias estilísticas. Por exemplo, a forma circular ou oval pode dar a unha praza en particular un efecto escenográfico. Este é o caso da Praza de San Pedro en Roma. Outras veces, prevalecen esixencias prácticas, por exemplo no uso do hemiciclo nos teatros gregos. A mellor disposición obtíñase de feito se o público se atopaba sentado nun chanzo (cavea) construído ao redor da escea.

Doutra banda, está claro que a apertura do ángulo non debe necesariamente corresponder á do semicírculo. No caso do teatro grego, por exemplo, esta superaba os 180 graos.

Do hemiciclo do teatro grego provén de forma metafórica, o uso desta palabra para indicar un parlamento ou unha sala parecida (por exemplo, o Congreso dos Deputados de España ou a Asemblea Nacional de París, situada no Palacio dos Borbóns) ou ben os órganos que se reunen en devandita sala.