Tuzla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rúa de Tuzla

Tuzla é unha cidade e concello de Bosnia e Hercegovina de 174.558 habitantes e 303 km², é a terceira cidade do país e a capital do cantón homónimo, o seu nome deriva da palabra turca para sal, referíndose á riqueza en sal do sitio.

Historia[editar | editar a fonte]

A zona de Tuzla está enclavada nun val ós pés do Majevica, na área hai continuidade do poboamento desde o Neolítico, descubríronse numerosos vestixios desa época, como vasos de arxila, cerámica, coitelos de pedra e machados. A primeira mención escrita de Tuzla data do ano 950.