Himenópteros
Himenópteros Hymenoptera | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vespa velutina | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subordes | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A dos himenópteros,[1] Hymenoptera, é unha grande orde de insectos caracterizados por posuíren ás membranosas, nas cales se poden ver facilmente os vasos sanguíneos.
O taxon inclúe, entre outros, as abellas, as avespas, o abesouros e as formigas. Probablemente é o terceiro maior grupo de insectos do mundo.
Hai descritas unhas 153 000 especies, aínda que probablemente o seu número é moito maior, distribuídas en 132 familias con 8 423 xéneros.[2][3]
Tamén se coñecen máis de 2 000 especies extintas.[4][5]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A orde foi desrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[6]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Hymenoptera está formado pola unión dos elementos do latín científico hymen- e -pter, derivados, respectivamente, das voces do grego antigo ὐμην hymēn, "membrana", e πτερόν pterón, "á", coa adición dun -o- epentético e do sufixo -a, indicando plural.[7][8]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome cuñado por Linneo a orde coñeceuse tamén polos sinónimos:[9]
- Chalcidellia Girault, 1924
- Harpophorus Agassiz, 1846
Clasificación
[editar | editar a fonte]A orde dos himenópteros dividiuse tradicionalmente en dúas subordes:[10]
Os apócritos presentan cintura (estreitamento que separa o tórax do abdome).
Os sínfitos carecen de cintura, e son un grupo parafilético.[11]
Características
[editar | editar a fonte]A maioría dos himenópteros teñen dous pares de ás transparentes, a posterior é máis pequena e únese á primeira cun gancho. As antenas están altamente desenvolvidas e existen múltiples variantes. As partes da boca son amplas e, como regra xeral, está modificadas, en moitos casos, para absorberen o néctar das flores.
Moitas das especies son parasitas.
As femias presentan ao final do abdome unha estrutura para a posta de ovos, o ovipositor, que se converte nun aguillón velenoso nos grupos máis evolucionados.
As crías desenvólvense a través do holometabolismo (metamorfose completa), é dicir, pasan por unha etapa larvaria de verme e unha etapa de pupa inactiva antes de maduraren.
Sexo
[editar | editar a fonte]Unha característica especial que se atopa nos himenópteros é que o sexo vén determinado polo número de cromosomas (determinación do sexo por haplodiploidía).[12] Os ovos fecundados teñen dous xogos de cromosomas (de cada un dos gametos respectivos de cada pai) e convértense en femias diploides, mentres que os ovos non fecundados só conteñen un xogo (da nai), polo que dan lugar a machos haploides. O acto da fecundación está baixo o control voluntario da femia, o que lle dá a esta o control do sexo da súa descendencia. Como consecuencia, as femias teñen máis xenes en común coas súas irmás que coa súa descendencia.[13]
William Donald Hamilton formalizou o concepto da selección de parentesco que podería ser unha das orixes da eusociabilidade destas especies.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Formiga fósil en ámbar
-
Larva de Arge pagana
-
Pupa de Trypoxylon collinum
-
Aleiodes indiscretus parasitando a unha larva de Lymantria dispar
-
Cotesia congregata parasitando a unha eiruga de Manduca sexta
-
Rhyssa persuasoria, femia depositando ovos
-
Cerceris macho
-
Augochloropsis metallica femia
-
Formiga Myrmecia sp.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para himenópteros.
- ↑ Mayhew, Peter J. (2007). "Why are there so many insect species? Perspectives from fossils and phylogenies". Biological Reviews 82 (3): 425–454.
- ↑ Janke, Axel; Klopfstein, Seraina; Vilhelmsen, Lars; Heraty, John M.; Sharkey, Michael; Ronquist, Fredrik (2013). "The Hymenopteran Tree of Life: Evidence from Protein-Coding Genes and Objectively Aligned Ribosomal Data". PLoS ONE 8 (8): e69344.
- ↑ Aguiar, Alexandre P.; Deans, Andrew R.; Engel, Michael S.; Forshage, Mattias; Huber, John T.; et al. (30 de agosto de 2013). "Order Hymenoptera. En: Zhang, Z.-Q. (ed.) Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703 (1): 51.
- ↑ Comunidad Virtual de Entomología - ¿Cuántos insectos existen en la península Ibérica?.
- ↑ Hymenoptera Linnaeus, 1758 en BioLibcz.
- ↑ hymenoptera no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ hymenoptera no Online Etymology Dictionary.
- ↑ Hymenoptera no GBIF.
- ↑ Aguiar, A. P.; Deans, A.R.; Engel, M. S.; Forshage, M.; Huber, J. T.; Jennings, J. T.; Johnson, N. F.; Lelej, A. S.; Longino, J. T.; Lohrmann, V.; Mikó, I.; Ohl, M.; Rasmussen, C.; Taeger, A.; Yu, D. S. K. (2013). "Order Hymenoptera Linnaeus, 1758. En: Zhang, Z.-Q. (ed.) Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa. 3703 páxinas = 1–82.
- ↑ Hymenoptera Arquivado 07 de setembro de 2017 en Wayback Machine. en The Tree of Life.
- ↑ Cowan, David P.; Stahlhut, Julie K. (13 July 2004). "Functionally reproductive diploid and haploid males in an inbreeding hymenopteran with complementary sex determination". PNAS 101 (28): 10374–10379.
- ↑ Howell, H. V.; Doyen, J. T. & Purcell, A. H. (1998): Introduction to Insect Biology and Diversity (2nd ed.). Oxford University Press. ISBN 978-0-1951-0033-4, p. 320.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Himenópteros |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Himenópteros |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hymenoptera na ADW.
- Hymenoptera na EOL.
- Hymenoptera Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine. en The Tree of Life.
- Hymenoptera Linnaeus, 1758 en BioLibcz.
- Hymenoptera no ITIS.