Mesosoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación dunha bacteria. O número 6 sinala un mesosoma, pero este non aparecería realmente na célula viva, xa que son un artefacto creado polas técnicas de preparación da mostra para a microscopía.
Formación de mesosomas en bacterias preparadas para o microscopía electrónica con fixación química. Non se forman con fixación para criofractura.[1]

Un mesosoma[2] é un pregamento interno da membrana plasmática bacteriana orixinado como un artefacto creado como resultado da aplicación das técnicas de fixación utilizadas na preparación de mostras en microscopía electrónica. Aínda que na década de 1960 se propuxeron varias funcións para estas estruturas, que se consideraban naturais, a finais da década de 1970 os mesosomas foron recoñecidos como artefactos, e actualmente non son considerados como parte da estrutura normal das células bacterianas vivas.

Hipóteses iniciais[editar | editar a fonte]

Estas estruturas son invaxinacións da membrana plasmática observadas nas bacterias grampositivas que foron fixadas quimicamente coa fin de preparalas para a microscopía electrónica.[3] Os mesosomas foron observados por primeira vez en 1953 por George B. Chapman e James Hillier,[4] que os denominaron órganos periféricos, e J.D. Robertson denominounos "mesosomas" en 1959.[5]

Ao primeiro, pensábase que os mesosomas poderían desempeñar un papel en varios procesos celulares, como a formación da parede celular durante a división celular, a replicación de cromosomas, ou como lugar da fosforilación oxidativa.[6][7]

Refutación da hipótese do mesosoma[editar | editar a fonte]

Estes modelos revisáronse a finais da década de 1970 cando os datos acumulados suxerían que os mesosomas eran artefactos debidos a danos na membrana durante o proceso de fixación química, e non están presentes nas células que non foron fixadas quimicamente.[3][8][9] A mediados da década 1980, cos avances en crioxenia, e en xeral, a substitución dos métodos de microscopía electrónica, chegouse á conclusión de que os mesosomas non existen nas células vivas.[10][11][12] Non obstante, algúns investigadores seguen argumentando que as probas non son concluíntes e que, polo menos en certos casos, os mesosomas poderían non ser artefactos.[13][14]

Recentemente, observáronse pregamentos de membrana similares nas bacterias que estiveran expostas a algunhas clases de antibióticos[15] e péptidos antibacterianos (defensinas).[16] A aparición destas estruturas similares a mesosomas poden ser o resultado de danos na membrana plasmática ou na parede celular producidas por estas substancias químicas.[17]

A historia da proposta e a posterior refutación da hipótese dos mesosomas é interesante desde o punto de vista da filosofía da ciencia como exemplo de como unha idea científica pode ser aceptada e despois rexeitada, e de como a comunidade científica leva a cabo este proceso de proba.[18][19][20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nanninga N (1971). "The mesosome of Bacillus subtilis as affected by chemical and physical fixation". J. Cell Biol. 48 (1): 219–24. PMC 2108225. PMID 4993484. doi:10.1083/jcb.48.1.219. 
  2. Non confundir o termo mesosoma usado en Bacterioloxía co termo homónimo usado en Zooloxía.
  3. 3,0 3,1 Silva MT, Sousa JC, Polónia JJ, Macedo MA, Parente AM (1976). "Bacterial mesosomes. Real structures or artifacts?". Biochim. Biophys. Acta 443 (1): 92–105. PMID 821538. doi:10.1016/0005-2736(76)90493-4. 
  4. Chapman, George B., and Hillier, James (1953). "Electron microscopy of ultra-thin sections of bacteria I. Cellular division in Bacillus cereus". J. Bacteriol.: 362–373. 
  5. Robertson, J.D. (1959). "The ultra structure of cell membranes and their derivatives, Biochem". Soc. Syrup: 3. 
  6. Suganuma A (1966). "Studies on the fine structure of Staphylococcus aureus". J Electron Microsc (Tokyo) 15 (4): 257–61. PMID 5984369. 
  7. Pontefract RD, Bergeron G, Thatcher FS (1969). "Mesosomes in Escherichia coli". J. Bacteriol. 97 (1): 367–75. PMID 4884819. doi:10.1002/path.1710970223. 
  8. Ebersold HR, Cordier JL, Lüthy P (1981). "Bacterial mesosomes: method dependent artifacts". Arch. Microbiol. 130 (1): 19–22. PMID 6796029. doi:10.1007/BF00527066. 
  9. Higgins ML, Tsien HC, Daneo-Moore L (1976). "Organization of mesosomes in fixed and unfixed cells". J. Bacteriol. 127 (3): 1519–23. PMID 821934. 
  10. Ryter A (1988). "Contribution of new cryomethods to a better knowledge of bacterial anatomy". Ann. Inst. Pasteur Microbiol. 139 (1): 33–44. PMID 3289587. doi:10.1016/0769-2609(88)90095-6. 
  11. Nanninga N, Brakenhoff GJ, Meijer M, Woldringh CL (1984). "Bacterial anatomy in retrospect and prospect". Antonie Van Leeuwenhoek 50 (5-6): 433–60. PMID 6442119. doi:10.1007/BF02386219. 
  12. Dubochet J, McDowall AW, Menge B, Schmid EN, Lickfeld KG (1983). "Electron microscopy of frozen-hydrated bacteria". J. Bacteriol. 155 (1): 381–90. PMID 6408064. 
  13. John F. Stolz (1991) "Structure of Phototrophic Prokaryotes" CRC Press ISBN 0-8493-4814-5
  14. Murata, K.; Kawai, S.; Mikami, B.; Hashimoto, W. (2008). "Superchannel of Bacteria: Biological Significance and New Horizons". Bioscience, Biotechnology, and Biochemistry 72: 801080710. doi:10.1271/bbb.70635. Consultado o 2008-03-06. 
  15. Santhana Raj L, Hing HL, Baharudin O; et al. (2007). "Mesosomes are a definite event in antibiotic-treated Staphylococcus aureus ATCC 25923". Trop Biomed 24 (1): 105–9. PMID 17568383. 
  16. Friedrich CL, Moyles D, Beveridge TJ, Hancock RE (2000). "Antibacterial action of structurally diverse cationic peptides on gram-positive bacteria". Antimicrob. Agents Chemother. 44 (8): 2086–92. PMID 10898680. doi:10.1128/AAC.44.8.2086-2092.2000. 
  17. Balkwill DL, Stevens SE (1980). "Effects of penicillin G on mesosome-like structures in Agmenellum quadruplicatum". Antimicrob. Agents Chemother. 17 (3): 506–9. PMID 6775592. doi:10.1128/AAC.17.3.506. 
  18. Culp, S. (1994). "Defending Robustness: The Bacterial Mesosome as a Test Case". PSA: Proceedings of the Biennial Meeting of the Philosophy of Science Association 1994: 46–57. Consultado o 2008-03-07. 
  19. Rasmussen, N. (2001). "Evolving Scientific Epistemologies and the Artifacts of Empirical Philosophy of Science: A Reply Concerning Mesosomes". Biology and Philosophy 16 (5): 627–652. doi:10.1023/A:1012038815107. Consultado o 200-04-06. 
  20. Allchin, D. (2000). "The Epistemology of Error" (PDF). Philosophy of Science Association Meetings, Vancouver, November. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2008. Consultado o 2008-03-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]