Roma, cidade aberta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Roma, città aperta")
Roma, cidade aberta
Título orixinal Roma, città aperta
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Roberto Rossellini
Produtor Giuseppe Amato
Ferruccio De Martino
Roberto Rossellini
Guión Sergio Amidei,
Alberto Consiglio
Federico Fellini
Roberto Rossellini
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Anna Magnani
Aldo Fabrizi
Marcello Plagiero
Nando Bruno
Harry Feist
Música Renzo Rossellini
Fotografía Ubaldo Arata
Montaxe
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 1945
Duración 100 minutos
País Italia Italia
Xénero Drama
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Roma, cidade aberta (título orixinal en italiano Roma, città aperta) é unha película italiana dirixida por Roberto Rossellini en 1945. Está considerada a película manifesto do neorrealismo italiano. A película sitúase en Roma, nos últimos momentos da ocupación nazi de 1944.

Produción[editar | editar a fonte]

Rosellini comezou a traballar no guión en agosto de 1944, a só dous meses de terminar a ocupación alemá, coa colaboración de Federico Fellini e de Sergio Amadei. Segundo as súas propias palabras, estaba movido por unha forte necesidade de narrar os acontecementos recentes, e literalmente saíu á rúa a buscar historias (o argumento está baseado en parte en sucesos reais). Comezou a rodarse en xaneiro de 1945, tanto en estudios como en localizacións da cidade devastada, sendo isto último algo que se caracterizaría no neorrealismo. Tamén o sería a participación de actores non profesionais, a excepción de Anna Magnani e Aldo Fabrizi.

Estrea[editar | editar a fonte]

No seu lanzamento a película foi vítima da censura. Nos Estados Unidos recortouse, reducindo a súa duración nun cuarto de hora. En Arxentina foi quitada de exhibición por unha orde anónima do goberno en 1947. En Alemaña Occidental foi prohibida desde 1951 ata 1960.

Emitiuse subtitulado en galego na TVG o 11 de agosto de 2001.[1]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]