Roberto Rossellini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roberto Rossellini
Nacemento 8 de maio de 1906
Roma (Italia)
Falecemento 3 de xuño de 1977
Roma (Italia)
Profesión Director, guionista, produtor
Ficha na IMDb

Roberto Rossellini, nado en Roma o 8 de maio de 1906 e finado na mesma cidade o 3 de xuño de 1977, foi un cineasta italiano. Considérase un dos directores máis importantes do neorrealismo italiano, contribuíndo ó movemento con películas como Roma città aperta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido nunha familia burguesa de Roma, o seu pai construíu o primeiro cine romano (un teatro onde podían mostrarse películas), garantindo a Roberto o pase libre de admisión ilimitado; Roberto comezou a frecuentar o cine a unha idade temperá. Cando o seu pai morreu, el traballou como técnico de son en películas, e por algún tempo puido traballar en varios campos relacionados coa creación de películas, gañando competencia en cada un.

En 1938 virou a súa primeira curtametraxe, Prélude à l'aprés-midi d'un faune, despois da cal asistiu a Goffredo Alessandrini na rodaxe de Luciano Serra pilota, unha das películas italianas da primeira metade de século con máis éxito. En 1940 asistiu a Francesco De Santis en Uomini sul Fondo.

A súa primeira longametraxe, A Nave Bianca (1941) é a primeira da chamada Triloxía Fascista, xunto con Un pilota ritorna (1942) e Uomo dalla Croce (1943). A esta etapa corresponde a súa amizade e cooperación con Federico Fellini e Aldo Fabrizi.

Cando o réxime fascista terminou en 1943, só dous meses despois da liberación de Roma, Rossellini xa estaba preparando Roma città aperta, con Fellini asistindo no guión e Fabrizi no papel do sacerdote), que el mesmo produciu, obtendo a maior parte dos cartos de créditos e préstamos. Este drama foi un éxito inmediato. Rossellini comezou así a súa Triloxía Neorrealista, cuxa segunda película foi Paisà, filmada enteiramente con actores non profesionais, e a terceira Germania anno zero (1946), patrocinada por un produtor francés e dirixida no sector francés de Berlín.

Como declarou nunha entrevista, para crear realmente o personaxe que un ten en mente, é necesario para o director establecer unha batalla co actor que normalmente termina someténdose ós desexos do actor. Como non desexo estar malgastando as miñas enerxías nunha batalla coma esta, só uso actores profesionais en contadas ocasións. Díxose que unha das razóns do seu éxito foi o feito de que Rossellini reescribiu os guións segundo os sentimentos e as historias dos seus actores non profesionais. Acentos rexionais, dialectos e vestimentas ven nas súas películas do modo en que verdadeiramente eran.

Logo da súa Triloxía Neorrealista, Rossellini produciu dúas longametraxes que hoxe se clasifican como cine transicional: L'Amore (con Anna Magnani) e A macchina ammazzacattivi, mostrando realidade e verdade.

En 1948 Rossellini recibe unha carta de Ingrid Bergman onde esta lle propón traballar con el e así comeza unha das máis coñecidas historias de amor no mundo do cine, con Ingrid Bergman e Rossellini no cume da súa popularidade e influencia. Comezaron a traballar xuntos un ano máis tarde en Stromboli terra dei Deu (na illa de Stromboli, cuxo volcán entrou en erupción durante a rodaxe), e en 1950 Europa '51. En 1953, Viaggio in Italia completa a chamada Triloxía de Ingrid.

Esta relación causou un gran escándalo nalgúns países (Bergman e Rossellini estaban casados antes de coñecerse); o escándalo intensificouse cando comezaron a ter fillos (un dos cales é Isabella Rossellini).

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Roberto Rossellini

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]