Marcello Mastroianni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcello Mastroianni
Mastroianni 1991.2.jpg
Marcello Mastroianni, 1991.
Nacemento Marcello Vincenzo Domenico Mastroianni
28 de setembro de 1924
Fontana Liri, Italia
Falecemento 19 de decembro de 1996
París, Francia
Profesión Actor (1938 - 1996)
Ficha na IMDb

Marcello Mastroianni, nado en Fontana Liri, Italia, o 28 de setembro de 1924 e finado en París, Francia, o 19 de decembro de 1996, foi un célebre actor italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Fontana Liri, unha pequena poboación dos Apeninos, Mastroianni creceu en Turín e Roma. Durante a Segunda Guerra Mundial foi recluído nun campo de concentración nazi, pero logrou escapar e permaneceu escondido en Venecia ata que pasou o perigo.

En 1945 comezou a traballar como figurante para unha compañía cinematográfica á vez que tomaba leccións de interpretación, pero ata 1947 non debutou na gran pantalla; foi con I Miserabili, adaptación da novela de Victor Hugo.

En moi pouco tempo Marcello Mastroianni converteuse nunha estrela grazas ás súas interpretacións en I Soliti Ignoti, de Mario Monicelli e, sobre todo, a que Federico Fellini escolleuno para protagonizar a súa La dolce vita xunto a Anita Ekberg que, a pesar da súa pequena presenza na película, foi un considerable reclamo publicitario. A colaboración con Fellini, a longo prazo tan frutífera, continuou en , na que Mastroianni interpretaba a un director de cine frustrado e mullereiro, Guido Anselmi, marcado con inequívocos trazos autobiográficos do propio Fellini.

En 1948 produciuse a súa voda coa actriz italiana Floriana Clarabella, coa que tivo unha filla Bárbara e que lle acompañou ata o fin dos seus días, como tamén o fixo Catherine Deneuve, a súa famosísima amante e nai de Chiara Mastroianni, a segunda das súas fillas.

Nominacións ós Premios da Academia[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]