Darwin, Australia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista xeral de Darwin

Darwin é a capital e cidade máis poboada do Territorio do Norte, Australia. Atópase na costa setentrional do país e conta cunha poboación de 109.478 habitantes (estimación de xuño de 2004). Na cidade localízase unha base naval da armada australiana. Darwin ten un clima tropical que inclúe tormentas tropicais e ciclóns.