Estadio Cornellà-El Prat
| Vista exterior | |
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Cornellà de Llobregat / El Prat de Llobregat, Barcelona, España |
| Arquitecto | Reid Fenwick Asociados Esteve Gasulla Joan Tusquets |
| Custo | 65.000.000 € |
| Inauguración | 2 de agosto de 2009 |
| Superficie | Céspede |
| Capacidade | 40.500 |
| Dimensións | 105 x 68 m. |
| Propietario | RCD Espanyol |
| Localía | RCD Espanyol |
| Eventos | |
| Ningún | |
O Estadio Cornellà-El Prat é o estadio do RCD Espanyol, situado no límite entre os concellos de Cornellà de Llobregat e El Prat de Llobregat, na provincia de Barcelona. Ocupando unha superficie de 182.000 m², 36.000 m² corresponden ao estadio.
En agosto de 2009 tras a morte do capitán Daniel Jarque púxose en marcha un movemento por parte de todos os afeccionados do RCD Espanyol para porlle ao estadio o nome do xogador para honrar a súa memoria, pero aínda non houbo resposta algunha por parte do club.
Terá a catalogación de elite que concede a UEFA e unha capacidade para 40.500 espectadores coa posibilidade dunha ampliación futura. Salvo o terreo de xogo, que quedará ao descuberto, a gradería será cuberta para que os afeccionados estean a bo resgardo das inclemencias meteorolóxicas.
En 2002 o club adquiriu os terreos -unha parcela de 18,2 hectáreas- por 360.000 euros e o 1,9% do capital social do club (150.000 euros). Tras seis anos de obras, cun custo de 65 millóns de euros, o 5 de xuño de 2009 tivo lugar o simbólico acto de entrega de chaves ao RCD Espanyol.[1]
O partido inaugural disputouse o domingo 2 de agosto de 2009[2] entre o Espanyol e o Liverpool cun resultado favorable aos locais de 3-0, marcando o primeiro gol da historia deste estadio o asturiano Luís García, os outros dous tantos foron obra do israelí Ben Sahar. Daniel Jarque xogou o seu primeiro partido como capitán e tamén foi o último, xa que o futbolista falecía días despois na concentración do seu equipo en Italia.
Esteban Granero foi o xogador que marcou o primeiro gol en competición oficial no novo estadio.[3]
Índice |
Características [editar]
- Estadio de 4 estrelas da UEFA.
- Aforamento con capacidade para 40.500 espectadores.
- Aparcadoiro no Estadio de 3.278 prazas.
- Centro comercial adxunto ao estadio.
- Estadio construído con criterios de eficiencia enerxética.
- Placas fotovoltaicas na cuberta, produción de 1.113.000 W.
- Estadio edificado sobre un solar de 36.000 m².
- Constará cun espazo memorial para depositar restos funerarios.
- Construción totalmente accesible para persoas de mobilidade reducida.
Medio ambiente [editar]
O Estadio Cornellà-El Prat é un dos primeiros campos de Europa na utilización de enerxía limpa. Xerando un aforro enerxético, utilizando tecnoloxía innovadora para reducir e rendibilizar os consumos de auga e electricidade.
En concreto a enerxía solar que serve para o autoabastecimiento como para a venda dos excedentes enerxéticos non consumidos. Para iso, sobre a cuberta alóxanse placas fotovoltáicas.
As placas fotovoltaicas (instaladas na cuberta do estadio) xeran electricidade para conectarse á rede eléctrica normal; e os paneis solares teñen un uso doméstico (quentar auga). O club calcula uns ingresos anuais de ao redor de 600.000 euros pola explotación das placas fotovoltaicas.
Notas [editar]
- ↑ "O Espanyol tomará posesión hoxe do estadio de Cornellà, que tivo un custo de 65 millóns de euros". 5 de xuño de 2009. http://www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacio_PK=46&idioma=CAS&idnoticia_PK=618677&idseccio_PK=1011. Consultado o 2 de agosto de 2009.
- ↑ Gran festa do Espanyol na súa nova casa
- ↑ "Granero: "O equipo estivo moi serio e profesional durante todo o partido"" (en castelán). Diario Marca. http://www.marca.com/2009/09/12/futbol/equipos/real_madrid/1252790309.html.
Ligazóns externas [editar]
- Proxecto do Novo Estadio
- Galería de fotos en 3D e durante a construción en urbanity.es
- Descripción do proxecto en skyscrapercity.com