Exposición Internacional de Barcelona de 1929

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do Palacio Nacional cos proxectores ao fondo.

A Exposición Internacional de Barcelona tivo lugar do 20 de maio de 1929 ao 15 de xaneiro de 1930 en Barcelona (España). Celebrada na montaña de Montjuïc, desenvolveuse nunha superficie de 118 hectáreas, e tivo un custo de 130 millóns de pesetas.[1] Entre a vintena europea de nacións que oficialmente participaron estaban países como Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Francia, Hungría, Italia, Noruega, Romanía ou Suíza. Tamén participaron expositores privados xaponeses e estadounidenses.

En Barcelona gardábase un grato recordo da Exposición Universal de 1888, que supuxo un gran avance para a cidade no terreo económico e tecnolóxico, así como a remodelación do Parque da Ciutadella. Por iso proxectouse esta nova exposición para dar a coñecer os novos adiantos tecnolóxicos e proxectar a imaxe da industria catalá no exterior. De novo, a exposición orixinou unha remodelación dunha parte da cidade, neste caso a montaña de Montjuïc, así como as súas zonas lindeiras, especialmente a Plaça d'Espanya.

A Exposición supuxo un gran desenvolvemento urbanístico para Barcelona, así como un banco de probas para os novos estilos arquitectónicos xestados a principios do século XX: a nivel local, representou a consolidación do novecentismo, estilo de corte clásico que substituíu ao modernismo preponderante en Cataluña durante a transición de século; ademais, supuxo a introdución en España das correntes de vangarda internacionais, especialmente o racionalismo, a través do Pavillón de Alemaña de Ludwig Mies van der Rohe.[2] A Exposición deixou numerosos edificios e instalacións algúns dos cales convertéronse en emblemas da cidade, como o Palacio Nacional, a Fonte Máxica, o Teatre Grec, o Poble Espanyol e o Estadio Olímpico.

Panorámica[editar | editar a fonte]

Vista panorámica da Exposición

Vista panorámica da Exposición


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Exposición Internacional de Barcelona de 1929