Eleccións Xerais 1982 en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O 28 de outubro de 1982, os españois maiores de idade, foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por terceira vez dende a Transición.

Nestas eleccións, o Partido Socialista de Felipe González conseguiu unha amplísima maioría absoluta, ocupando 202 escanos dos 350 dos que consta o Congreso dos Deputados. Mentras a UCD sufría unha fortísima baixada, e Alianza Popular ocupaba por primeira vez o seu espazo dentro da política.

  • Os resultados con 99,99% dos votos escrutados foron:

Eleccións Xerais, 28 de outubro de 1982

Partido Votos % Escanos Dif.
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 10.127.392 48,11 202 +81
Alianza Popular - Partido Demócrata Popular (AP-PDP) 5.548.107 26,36 107 +97
Convergència i Unió (CiU) 772.726 3,67 12 +3
Unión de Centro Democrático (UCD) 1.425.093 6,77 11 -157
Partido Nacionalista Vasco (PNV) 395.656 1,88 8 +1
Partido Comunista de España (PCE) 846.515 4,02 4 -19
Centro Democrático y Social (CDS) 604.309 2,87 2 +2
Herri Batasuna (HB) 210.601 1,00 2 -1
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 138.118 0,66 1 =
Euskadiko Ezkerra (EE) 100.326 0,48 1 =

As eleccións en cifras[editar | editar a fonte]

Partidos maioritarios por provincias nas Eleccións Xerais de 1982

O 28 de outubro estaban inscritos no censo electoral 26.846.940 persoas, das cales un 79,97% votou e un 20,03% abstívose.

  • Outras cifras:
    Votos válidos: 98,05%
    Votos nulos: 1,95%
    Votos a candidaturas: 99,53%
    Votos Brancos: 0,47%