Movemento Comunista de Galicia
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
O Movemento Comunista de Galicia (MCG) foi un partido político comunista creado en Galicia durante os últimos anos do franquismo como sección galega do Movimiento Comunista.
Historia [editar]
Os seus líderes eran Xesús Veiga Buxán e Carmen Santos Castroviejo. Durante a transición, o MCG formou parte membro do Consello de Forzas Políticas Galegas (CFPG), xunto co Partido Socialista Galego, Unión do Povo Galego e Partido Galego Social Demócrata (fundadores) e Partido Carlista de Galicia (anexo ao Consello mentres que o MCG en abril de 1976)
Nas eleccións constituíntes de 1977, o MCG participou na Candidatura Democrática Galega, unha coalición de socialistas, comunistas e demócratas-cristiáns para o Senado. Promoveu o "Non" ao estatuto autonómico de 1981, por consideralo insuficiente.
Nas primeiras eleccións ao Parlamento Galego en 1981, presentouse en coalición coa Liga Comunista Revolucionaria, recibindo 4,858 votos (0, 49%). Nas eleccións ao Parlamento Galego de 1985 presentouse en solitario, recibindo só 1.327 votos, 0,11%. Nas eleccións municipais de 1987 gañou un concelleiro en 1991 (neste último, Padrón era o único lugar onde se presentou).
En 1991 uniuse a Inzar, xunto coa LCR, un grupo que algúns anos máis tarde entrou a formar parte do Bloque Nacionalista Galego.
O seu órgano de expresión foi Servir ó pobo.