Venus de Milo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Venus de Milo, fronte.
Venus de Milo, dorso.

A Venus de Milo é unha célebre escultura grega da época helenística que representa a deusa Afrodita (Venus para os romanos), e actualmente conservada no Museo do Louvre, en París.
Trátase dunha estatua de mármore, de preto de 2,03 m de alto, desprovista dos brazos e falta tamén do seu basamento orixinario. A partir dunha inscrición do perdido basamento, a obra é atribuída a Alexandre de Antioquía. En tempos era, erradamente, adscrita ao célebre escultor Praxíteles.

Descubrimento[editar | editar a fonte]

A Venus de Milo foi atopada, rota en dúas peza, en 1820, na illa grega de Milos, por un campesiño chamado Yorgos Kentrotas. Un oficial da mariña francesa, Jules Dumont d'Urville, decatouse do valor da obra e, grazas á mediación do Marqués de Reviere, embaixador francés perante o goberno otomano, poido pechar a súa adquisición. Logo de ser restaurada, a Venus de Milo foi apresentada ao rei Luís XVIII no ano 1821 e colocada no museo do Louvre, onde aínda se exhibe.

Interpretacións[editar | editar a fonte]

A Venus de Milo data de arredor de 130 a 90 a.C., aínda que a súa composición responde a cánones do período clásico grego. É unha variante do tema de Afrodita seminú, representada habitualmente a se mirar no escudo de Ares (o Marte romano), que ela acostuma soster téndo en equilibrio sobre o seu xoello esquerdo (como a Venus de Capua, do Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles).

Porén, ignorándose a postura orixinal da estatua, tamén podería tratarse dunha Afrodita victoriosa presentando a mazá de ouro a Paris. Dous fragmentos, dun brazo esquerdo e dunha man esquerda, esta sostendo unha mazá, foran atopadas preto da estatua.

Foron feitas numerosa tentativas de reconstitución da estatua, mais nunca fo emprendida a súa restauración completa.