Fresa y chocolate
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Fresa y chocolate | |
|---|---|
| Título orixinal | Fresa y chocolate |
| [[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Tomás Gutiérrez Alea Juan Carlos Tabío |
| Produtor | Fernando Pérez O'Reilly |
| Guión | Senel Paz |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Jorge Perugorría Vladimir Cruz Mirta Ibarra |
| Música | José María Vitier |
| Fotografía | Mario García Joya |
| Montaxe | Osvaldo Donatién Rolando Martínez Miriam Talavera |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Miramax |
| Ano | 1994 |
| Duración | 108 min. |
| País | Cuba España México |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Fresa y chocolate é unha película cubana, produto dunha coprodución cubano/española/mexicana. Foi dirixido por Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío. Está baseado no conto de Senel Paz titulado El lobo, el bosque y el hombre nuevo. A película intenta mostrar o que une as persoas por encima das convencións sociais, coa represión que sofre un homosexual na sociedade cubana, e a vida da cidade da Habana a finais da década de 1970.
Índice |
Argumento [editar]
Trátase de dúas persoas na procura da súa identidade, David, estudante de ciencias sociais na Universidade da Habana e Diego, un artista homosexual obsesionado coa cultura. O cruce entre ambos dá lugar a un complexo tecido de relacións interpersoais de amizade e paixón, poñendo en perigo a liberdade dos dous.
Elenco [editar]
- Jorge Perugorría (Diego)
- Vladimir Cruz (David)
- Mirta Ibarra (Nancy)
- Francisco Gattorno (Miguel)
- Joel Angelino (Germán)
- Marilyn Solaya (Vivian)
- Andrés Cortina (cura Santería)
- Antonio Carmona (novio)
Galardóns [editar]
Festival Internacional del Nuevo Cine Latinoamericano de La Habana [editar]
Mirtha Ibarra e Joel Angelino, durante a presentación de Obsesiones Habaneras, en Puerto del Rosario, Fuerteventura (08/06/2000)
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor actor | Jorge Perugorría | Gañador |
| Mellor director | Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío | Gañador |
| Mellor actriz de reparto | Mirta Ibarra | Gañador |
Festival de Cine de Gramado (Brasil) [editar]
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor actor | Jorge Perugorría e Vladimir Cruz | Gañador |
| Mellor película latina | Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío | Gañador |
| Mellor actriz de reparto | Mirta Ibarra | Gañador |
| Premio da audiencia | Gañador | |
| Premio da crítica | Candidato |
Outros [editar]
Vladimir Cruz durante os ensaios de Hoy no voy a trabajar porque estoy enamorado, en Puerto del Rosario, Fuerteventura (20/10/2000)
| Festival | Categoría | Resultado |
|---|---|---|
| Premios Goya | Mellor película estranxeira de fala hispana | Gañador |
| Premios Óscar | Mellor película estranxeira | Candidato |
| Premios Cóndor de Plata | Mellor película estranxeira | Gañador |
| Berlinale | Mención especial do xurado | Gañador |
| Berlinale | Mención especial do xurado | Candidato |