Anthony Morrow
| Dallas Mavericks – No. 23 | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de setembro de 1985 (27 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
| Peso | 95 kg (210 lb) |
| Instituto | Charlotte Latin School |
| Información da carreira | |
| Universidade | Georgia Tech (2004–2008) |
| Carreira | dende 2008 |
| Historial de equipos | |
| Golden State Warriors (2008-2010) New Jersey Nets (2010-2012) Atlanta Hawks (2012-2013) Dallas Mavericks (2013-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Anthony Jarrad Morrow, nado o 27 de setembro de 1985 en Charlotte, Carolina do Norte, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA).
Índice |
NBA [editar]
O 25 de xullo de 2008, Morrow asinou cos Golden State Warriors tras non ser elixido no Draft da NBA de 2008.[1][2] No seu primeiro partido na NBA coma titular, anotou 37 puntos, con 15 de 20 en anotación, contra Los Angeles Clippers, a maior puntuación da historia dun xogador rookie non drafteado; capturou tamén 11 rebotes.[3] Morrow rematou a tempada 2008-09 coma o primeiro rookie e o primeiro xogador dos Warriors en liderar a liga en porcentaxe de triplas, cun 46.7%, 86 de 184 tiros.[4][5][6]
Na liga de verán da NBA de 2009, Morrow anotou 47 puntos para os Warriors nun partido contra os New Orleans Hornets, conseguindo a marca de máis puntos anotados por un xogador nun partido da liga de verán.[7]
No 13º partido da tempada 2009-10, Morrow conseguiu unha nova marca na súa carreira, ao anotar 6 triplas na vitoria contra os Dallas Mavericks.[8]
O 13 de xullo de 2010, Morrow foi traspasado aos New Jersey Nets a cambio dunha futura elección da segunda rolda do Draft.[9]
O 11 de xullo de 2012, os Nets traspasaron a Morrow, Jordan Farmar, Jordan Williams, Johan Petro, e DeShawn Stevenson ós Atlanta Hawks a cambio de Joe Johnson.[10]
O 21 de febreiro de 2013, Morrow foi traspasado ós Dallas Mavericks a cambio de Dahntay Jones.[11]
Notas [editar]
- ↑ Khalid Shakran, Anthony Morrow Inks a Deal with Golden State Warriors, Bleacher Report, 25 de xullo de 2008.
- ↑ NBA.com: July 2008 Transactions
- ↑ ESPN.com Rookie Morrow explodes for 37 points, 11 boards in 1st NBA start, 15 de novembro de 2008.
- ↑ Janny Hu, A rookie whose 3-point stroke leads the league, SFGate , 12 de abril de 2009.
- ↑ Rotoworld: Anthony Morrow, 16 de abril de 2009.
- ↑ NBA.com 2008-09 Three Pointers Leaders: 3-Point FG Percentage
- ↑ Golden State Warriors' Anthony Morrow nets summer-league best 47 points, Consultado o 17 de xullo de 2009
- ↑ Ellis, Morrow lead Warriors past Mavericks 111-103
- ↑ Nets Acquire Guard Anthony Morrow
- ↑ Couch, Ben (11 de xullo de 2012). "A Jolt of Joe for the Nets". Brooklyn Nets. http://www.nba.com/nets/news/2012_Offseason_Tracker.html#wallace. Consultado o 11 de xullo de 2012.
- ↑ "Mavericks deal for guard Anthony Morrow". NBA.com. 21 de febreiro de 2013. http://www.nba.com/mavericks/news/mavericks-deal-guard-anthony-morrow. Consultado o 22 de febreiro de 2013.