Día Mundial do Medio Ambiente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ecologia.jpg

O Día mundial do Medio Ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

Historia[editar | editar a fonte]

Co Día Mundial do Medio Ambiente, a Organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

O Día mundial do Medio Ambiente é un evento no que se realizan múltiples actividades: concentracións en rúas, concertos ecolóxicos, ensaios e competencias en escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe e de limpeza, entre outras. En moitos países esta celebración é unha oportunidade de asinar ou ratificar convenios internacionais e, algunhas veces, establecer estruturas gobernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e a planificación económica.

As principais celebracións internacionais no 2006 realizáronse en Alxeria. Ese ano o tema elixido foi Desertos e Desertificación e o lema ¡Non Abandones os desertos!, enfatizando a importancia de protexer ás terras áridas, as cales representan máis do 40% da superficie do planeta.

En 2007 as actividades foron en Tromsø(Noruega) e o lema escollido foi "O desxeo, un asunto candente. En 2008 a sede foi Nova Zelandia, e o tema: Deixa o hábito! Cara a unha economía baixa en carbono.

Sedes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Día Mundial do Medio Ambiente

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]