Nike
Just do it |
|
| Tipo | Sociedade Anónima |
|---|---|
| Fundación | 1964 |
| Localización | Beaverton, Oregón |
| Fundador | Bill J. Bowerman Philip H. Knight |
| Persoas clave | Mark Parker (CEO) |
| Industria | Material deportivo |
| Produtos | Roupa, accesorios, etc |
| Número de empregados | 38.000 (31 de maio de 2011) |
| Páxina web | nike.com |
Nike, Inc. é unha empresa multinacional estadounidense de roupa, calzado e outros artigos de deporte. A súa sede central está situada en Beaverton (Oregón), preto da área metropolitana de Portland. É a maior produtora de calzado atlético e roupa deportiva do mundo.
A compañía foi fundada como Blue Ribbon Sports por Bill J. Bowerman e Philip H. Knight. Posteriormente, en 1978, cambia o seu nome polo de Nike, basado en Niké, deusa grega da vitoria.
Índice |
Nike en España[editar]
Ata 2008 a marca Nike en España estaba rexistrada e era propiedade de Cidesport, quen fora distribuidor de Nike en España dende 1980 ata 1990. Ata o acordo co seu ex distribuidor en España Nike internacional vendía os seus produtos en España identificándoos só co seu logo mentras que Cidesport vendía produtos baixo a marca Nike sen empregar logo algún[1][2].