Baltasar Pujales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Baltasar Pujales Estévez»)
Infotaula de personaBaltasar Pujales
Biografía
Nacemento1941 Editar o valor em Wikidata
Bouzas, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de maio de 2016 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Club Rápido de Bouzas Editar o valor em Wikidata

Baltasar Pujales Estévez, nado en Bouzas en 1941 e finado o 25 de maio de 2016, foi un enxeñeiro e directivo deportivo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Campo Municipal de Bouzas Baltasar Pujales.

Nado nunha familia vinculada á pesca de Bouzas, licenciouse en enxeñería[1] de camiños na Universidade de Santiago de Compostela, no que daquela era o seu campus de Vigo. Como enxeñeiro traballou en Barakaldo e despois en Pontevedra, pois pasou a pertencer ao cadro de empregados da Deputación.

Como deportista, foi xogador do Rápido de Bouzas durante varias tempadas. En 1973 Pujales pasou a ser o presidente do club de Bouzas. Durante a súa presidencia construíuse o primeiro campo de fútbol propio do Rápido, o campo de fútbol das Gaivotas. Uns anos máis tarde, xa en 2001 o campo das Gaivotas deu paso ao pavillón polideportivo, onde se construíu de maneira anexa o campo de fútbol municipal de Bouzas, que leva o nome do propio Baltasar Pujales.

Durante estes anos, deportivamente o Rápido estivo en categorías autonómicas ata que en 1998 ascendeu a Terceira División. Tamén durante a súa presidencia o Rápido de Bouzas participou nunha eliminatoria de Copa do Rei de fútbol contra o Rayo Vallecano, na tempada 2005-06, onde venceu o Rápido 1-0 no Baltasar Pujales, e foi derrotado no conxunto da eliminatoria (1-2). En 2008, 35 anos despois, renunciou á presidencia e foi substituído por Manuel Pedro Seoane.

Tamén durante algún tempo foi membro da xunta directiva do Celta de Vigo e do Liceo Marítimo de Bouzas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi o pai do tamén futbolista David Pujales.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manuel Pedro Seoane (26 de maio de 2016). "Se nos fue el Comandante". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 27 de maio de 2016.