Milo Abelleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Milo
Información persoal
Nome José Emiliano Abelleira Solla
Nacemento 8 de agosto de 1963 (60 anos)
Lugar de nacemento Pontevedra
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1980–1985 Pontevedra
1985–1986 Lugo
1986–1988 SCD Milagrosa
Adestrador
1986–1988 SCD Milagrosa
1990–1997 Atlético Pontevedrés
1997–1998 Pontevedra
1998–1999 Endesa As Pontes
1990–2003 Celta B
2003–2006 Ourense
2007–2008 Cultural Leonesa
2009–2011 Celta B
2011–2013 Pontevedra
2019-2020 Rápido de Bouzas
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Emiliano "Milo" Abelleira Solla, nado en Pontevedra o 8 de agosto de 1963, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego.

O último club que adestrou foi o Rápido de Bouzas, entre 2019 e 2020.[1] É o pai da xogadora do Real Madrid Feminino Teresa Abelleira e do futbolista do CD Choco Tomás Abelleira.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a súa curta carreira como futbolista vestiu seis anos a camiseta do Pontevedra CF, xogando tanto no filial como no primeiro equipo. Tras un breve paso polo CD Lugo, incorporouse á SCD Milagrosa, onde exerceu como xogador e dende 1986 tamén como adestrador ao mesmo tempo.[3][4]

En 1988 entrou no Bergantiños FC como adestrador dos xuvenís e ao ano seguinte pasou polo Arousa, coa mesma función que en Carballo, ademais de ser segundo adestrador de José Ramón Segura.[5]

En 1990 púxose á fronte do Atlético Pontevedrés, filial do equipo granate, en substitución de Milucho.[6][7] Estivo sete tempadas no filial pontevedrés, que acababa de descender á Primeira Rexional antes da súa chegada, e logrou o regreso a Preferente na tempada 1993/94.[8]

En abril de 1997, colleu as rendas do primeiro equipo do Pontevedra, que militaba en Segunda B.[9] Tras rematar a tempada en 10ª posición, pasou a dirixir o Club Deportivo As Pontes, por aquel entón Endesa As Pontes, de Terceira División.

Na tempada 1999/00 foi contratado para adestrar ao Celta de Vigo B, tamén de Terceira, equipo co que rematou primeiro esa tempada, pero sen conseguir o ascenso a Segunda B. Si o conseguiu na súa segunda tempada, na que o equipo quedou outra vez primeiro. Na tempada 2001/02 logrou a permanencia e gañou a Copa Federación, continuando no club unha cuarta tempada.

En xuño de 2003 fichou polo CD Ourense,[10] levando ao equipo a xogar a promoción de ascenso a Segunda División. Estivo no club ourensán ata xaneiro de 2006, cando foi destituído polos malos resultados e a mala relación coa directiva.[11] En febreiro de 2007 fichou pola Cultural Leonesa cando estaba en postos de descenso, salvándoa ao final do curso. Porén, na seguinte tempada foi destituído a metade de campaña malia que aínda lle quedaban dous anos e medio de contrato.

No verán de 2009 volveu ao Celta B substituíndo a Alejandro Menéndez,[12] sendo renovado para a tempada seguinte.[13]

O 3 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación como adestrador do Pontevedra CF para a tempada 2011–12, en substitución de Manolo Tomé.[14] En xuño de 2013 anunciouse que non continuaría como adestrador do Pontevedra CF, sendo substituído por Nando.[15] Con todo, continuou como director deportivo do club ata 2015.[16][17]

En novembro de 2019, tras adestrar os xuvenís da ACD A Seca,[18] fichou polo Rápido de Bouzas, que ocupaba a última praza do seu grupo de Terceira División.[19] Adestrou ao club vigués ata a suspensión da liga por mor da pandemia por coronavirus, sendo logo substituído por David de Dios.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "David de Dios nuevo míster del Rápido… el ya ex-céltico una clara apuesta de Alex por la calidad y la juventud" (en castelán). 28 de maio de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  2. "Abelleira, el apellido más futbolero". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de maio de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  3. "Trofeo «Ciudad de Lugo»". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 21 de agosto de 1986. p. 33. 
  4. "Juan renovó por el Bergantiños y Milo se hará cargo de los juveniles". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1988. p. 48. 
  5. "Cuerpo técnico y junta directiva". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 1989. p. 49. 
  6. "De no mejorar su trayectoria, el At. Pontevedrés, camino de desaparecer en Segunda Regional". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 21 de setembro de 1990. p. 57. 
  7. Rascado, Tino (3 de setembro de 1990). "Milucho: «Los integrantes del Atl. Pontevedrés tienen el apoyo total de directiva y técnicos»". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). p. 58. 
  8. "El Atlético Pontevedrés logró el ansiado ascenso a preferente". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 31 de maio de 1994. p. 45. 
  9. "Crespo decide apostar por Milo" (en castelán) (Pontevedra ed.). 16 de abril de 1997. p. 53. 
  10. "Milo Abelleira, presentado como nuevo entrenador del Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xuño de 2003. p. 30. 
  11. "El final del entrenador que llevó al club a la última promoción". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 17 de xaneiro de 2006. p. 34. 
  12. "Milo Abelleira vuelve al Celta B"
  13. "El Celta renueva por una temporada al técnico del filial, Milo Abelleira"
  14. ""Milo, nuevo entrenador del Pontevedra"". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2011. Consultado o 03 de xuño de 2011. 
  15. "El Pontevedra anuncia a Nando como nuevo entrenador". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 2013. Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  16. Nogueira Casás, Xaime (22 de abril de 2013). "Milo Abelleira es el futuro". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  17. "El Pontevedra, obligado a pagar 135.000 euros a Milo Abelleira". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  18. "Milo Abelleira, entrenador del Juvenil A" (en castelán). 7 de outubro de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2020. [Ligazón morta]
  19. "Milo Abelleira, nuevo entrenador del Rápido de Bouzas". Faro de Vigo (en castelán). 11 de novembro de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]