Campionato Mancomunado Galaico-Ástur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campionato Superrexional
Grupo 1º (Galicia-Asturias)
Fundación1934
Desaparición1936
RexiónGalicia Galicia
Asturias Asturias
Equipos6
DescensoCampionato de Galicia
Campionato de Asturias
Máis laureadoAsturias Oviedo F.C.
(2 títulos)
OrganizadorFEF

O Campionato Superrexional Grupo 1º (Galicia-Asturias),[1] tamén chamado popularmente Campionato Mancomunado Galaico-Ástur, foi un torneo interterritorial de fútbol de carácter oficial xogado por clubs galegos e asturianos durante as tempadas 1934/35 e 1935/36. Estaba situado xerarquicamente por riba do Campionato de Galicia e do Campionato de Asturias, de xeito que os clubs que tomaban parte no mancomunado non participaban no campionato galego nin no asturiano.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1934 a asemblea da Federación Española de Fútbol aprobou unha reestruturación das competicións futbolísticas, mediante a cal se crearon unha serie de Campionatos Superrexionais situados xerarquicamente por riba dos campionatos rexionais organizados pola federacións territoriais que se tiñan disputado tradicionalmente ata aquel momento. Galicia e Asturias foron incluídas no Grupo 1º, aportando tres equipos cada unha, formando así un campionato de seis equipos.[1][2][3][4][5]

A edición de 1934/35 viuse interrompida por causa da Folga xeral revolucionaria de 1934, dividíndose a competición en dous grupos: o asturiano e o galego[1][6], nos que resultaron gañadores o Oviedo F.C. e o Celta de Vigo respectivamente[1][7].

Ao ano seguinte volveuse disputar, desta volta sen os problemas do ano anterior, proclamándose campión o Oviedo F.C. e subcampión o Unión Sporting Club de Lavadores[8]. Esta sería a derradeira vez que se disputou. O 29 de maio de 1936, galegos e asturianos solicitaron a división do grupo superrexional perante a Asemblea anual da Federación Española de Fútbol, séndolles concedida.[9][10]

Pouco despois comezaría a Guerra Civil. Os Campionatos Superrexionais non serían recuperados tralo fin da contenda.

Campións[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión Notas
1934-35 Galicia Celta de Vigo Galicia Deportivo da Coruña Grupo galego
Asturias Oviedo F.C. Asturias Sporting de Xixón Grupo asturiano
1935-36 Asturias Oviedo F.C. Galicia Unión Sporting Club

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Federación Española de Fútbol (1936). "Las competiciones oficiales". Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. pp. 121–124. 
  2. "El plan de competiciones para la temporada 1934-35". Luz nº 811 (en castelán). 11 de agosto de 1934. p. 10. 
  3. "El plan de competiciones para la temporada 1934-35". El Tiempo: Diario Independiente nº 8.505 (en castelán). 11 de agosto de 1934. p. 1. 
  4. "El plan de competiciones para la temporada 1934-35". El Tiempo: Diario Independiente nº 8.505 (en castelán). 11 de agosto de 1934. p. 2. 
  5. "La reorganización federativa y el plan de competición para la próxima temporada". La Libertad nº 4.490 (en castelán). 12 de agosto de 1934. p. 6. 
  6. "Cosas del balón. En torno a la desintegración galaicaastur". La Voz nº 4.309 (en castelán). 1 de novembro de 1934. p. 6. 
  7. "Los campeonatos superregionales de fútbol". La Voz nº 4.330 (en castelán). 26 de novembro de 1934. p. 11. 
  8. "El Oviedo, vencedor; el Unión, segundo". El Pueblo Gallego nº 3.703 (en castelán). 5 de novembro de 1935. p. 4. 
  9. "Fútbol. La Asamblea nacional de la Federación Española". La Libertad nº 5.043. 30 de maio de 1936. p. 7. 
  10. "Los deportes". El Correo Gallego nº 20.186. 23 de outubro de 1936. p. 3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]