Rinoceronte de Sumatra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rinoceronte de Sumatra
Os rinocerontes Emi e Harapan no Zoo de Cincinnati
Os rinocerontes Emi e Harapan no Zoo de Cincinnati
Estado de conservación
Crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Rhinocerotidae
Xénero: ''Dicerorhinus''
Especie: ''D. sumatrensis''
Nome binomial
''Dicerorhinus sumatrensis''
(Fischer, 1814)
Parque Nacional Taman Negara Reserva da Vida Salvaxe Tabin Parque Nacional Gunung Leuser Parque Nacional Kerinci Seblat National Park Parque Nacional Bukit Barisan Selatan Parque Nacional Way KambasSumatran rhino range
Distribución do rinoceronte de Sumatra. Fai click nas áreas actuais, marcadas en cor escura, para abrir os artigos dos lugares nos que viven.[1]
Subespeciee
  • Dicerorhinus sumatrensis harrissoni
  • Dicerorhinus sumatrensis sumatrensis
  • Dicerorhinus sumatrensis lasiotis

O rinoceronte de Sumatra (Dicerorhinus sumatrensis) é un membro da familia Rhinocerotidae e unha das cinco especies de rinocerontes que existen. É a única das especies vivas do xénero Dicerorhinus. É o máis pequeno dos rinocerontes, sendo aínda un gran mamífero. Ó igual que as dúas especies africanas, ten dous cornos; o máis longo é o corno nasal, de entre 15 e 25 cm, mentres que o outro corno é un toco. Unha capa de pelos vermello-castaños cubre a maioría do corpo do animal.

Membros desta especie habitaron unha vez as selvas e bosques chuviosos da India, Bután, Bangladesh, Myanmar, Laos, Tailandia, Malaisia, Indonesia e China. Outrora habitaron no suroeste da China, particularmente en Sichuan.[2][3] Hoxe, a especie atópase en perigo crítico, con só seis poboacións en liberdade: catro en Sumatra, unha en Borneo e outra na Península de Malaisia. O seu número é difícil de determinar xa que son animais solitarios que viven esparexidos por todo o seu hábitat, pero estímase que quedan menos de 275. Os superviventes da Península malaia están en dúbida, e unha das poboacións de Sumatra pode estar xa extinta. O número total pode ser mesmo inferior a 200.[4] O declive do número de rinocerontes de Sumatra atribúese principalmente á caza polos seus cornos, moi valorados na medicina tradicional chinesa.

Esta especie é moi solitaria agás polas crías. É a máis vocal das especies de rinoceronte, podendo comunicarse tamén ritmos cos pés, retorcendo árbores e plantóns en diferentes patróns, e depositando excrementos. A especie está moito máis estudada que a do rinoceronte de Xava, en parte debido ó programa que ten 40 rinocerontes de Sumatra en catividade co obxectivo de recuperar a especie. O programa foi considerado un desastre, mesmo polos seus iniciadores, xa que a maioría dos rinocerontes morreron sen que nacera unha soa cría en case 20 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Derived from range maps in:
    • Foose, Thomas J. and van Strien, Nico (1997). Asian Rhinos – Status Survey and Conservation Action Plan. IUCN, Gland, Switzerland, and Cambridge, UK. ISBN 2-8317-0336-0. 
      and
    • Dinerstein, Eric (2003). The Return of the Unicorns; The Natural History and Conservation of the Greater One-Horned Rhinoceros. New York: Columbia University Press. ISBN 0-231-08450-1. 
      Este mapa non inclúe avistamentos sen confirmar en Laos e Vietnam ou posibles poboación en Burma.
  2. Chapman, Jan The Art of Rhinoceros Horn Carving in China (1999), p. 27. Christie's Books, London ISBN 0-903432-57-9.
  3. Schafer, Edward H. The Golden Peaches of Samarkand: A study of T'ang Exotics (1963), p. 83. University of California Press. Berkeley and Los Angeles. First paperback edition: 1985.
  4. Save The Rhino : Sumatran rhino numbers revised downwards, 18 March 2012