Cabalo de Przewalski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabalo de Przewalski

Cabalo de Przewalski no Parque Nacional Khustain Nuruu
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Xénero: Equus
Subxénero: 'E. (Equus)'
Especie: 'E. ferus'
Subespecie: E. f. przewalskii
Nome trinomial
Equus ferus przewalskii
(L. S. Poliakov, 1881)
Distribución do cabalo de Przewalski (reintroducido)
Distribución do cabalo de Przewalski
(reintroducido)

Distribución do cabalo de Przewalski
(reintroducido)
Sinonimia

hagenbecki Matschie, 1903
prjevalskii Ewart, 1903
typicus
Hilzheimer, 1909

O cabalo de Przewalski (Equus ferus przewalskii), tamén coñecido como cabalo salvaxe mongol (en mongol takhi), é unha rara e ameazada subespecie de cabalo salvaxe (Equus ferus) nativo das estepas de Asia central, especificamente de Mongolia. Chegou a considerarse extinto en liberdade (en Mongolia, o derradeiro cabalo de Przewalski fora visto en 1966), pero foi reintroducido satisfactoriamente no seu hábitat de Mongolia no Parque Nacional Khustain Nuruu, e nas Reservas da Naturezas Takhin Tal e Khomiin Tal. A súa clasificación está aínda en debate, e algúns taxonomistas considérano como unha especie de seu, Equus przewalskii.

Os nomes comúns deste equino son cabalo salvaxe asiático, cabalo salvaxe de Przewalski, cabalo salvaxe mongol e tahki. Outros nomes históricos pero obsoletos son tarpán verdadeiro e tarpán mongol. O cabalo leva o nome do xeógrafo e explorador ruso Nikolai Przhevalsky.

Moitos dos considerados cabalos "salvaxes", como o Mustang americano ou o Brumby australiano, son en realidade cabalos silvestres que descenden de animais domesticados que se adaptaron a vivir en liberdade. Pola contra, o cabalo de Przewalski xamais foi domesticado e é o único cabalo salvaxe hoxe en día. É unha das tres subespecies coñecidas de Equus ferus, sendo as outras dúas o cabalo doméstico, Equus caballus e o extinto tarpán (Equus ferus ferus). O cabalo de Przewalski está considerado como o parente máis achegado que aínda existe do cabalo doméstico. Tamén hai outros equinos salvaxes como as tres especies de cebra, varias subespecies de asno salvaxe africano, o onagro e o kiang.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boyd, L. & King, S. R. B. (2011). "Equus ferus ssp. przewalskii". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2011.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 24 de xuño de 2012.