Rinoceronte de Xava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rinoceronte de Xava
R. s. sondaicus no Zoo de Londres dende marzo de 1874 ata xaneiro de 1885
R. s. sondaicus no Zoo de Londres dende marzo de 1874 ata xaneiro de 1885
Estado de conservación
Crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Rhinocerotidae
Xénero: 'Rhinoceros'
Especie: ''R. sondaicus''
Nome binomial
''Rhinoceros sondaicus''
Desmarest, 1822
Distribución do rinoceronte de Xava

Distribución do rinoceronte de Xava
Subespecies
  • Rhinoceros sondaicus annamiticus
  • Rhinoceros sondaicus inermis
  • Rhinoceros sondaicus sondaicus

O rinoceronte de Xava (Rhinoceros sondaicus) é un membro da familia dos Rhinocerotidae e unha das cinco especie de rinocerontes que quedan. Pertence ó mesmo xénero que o rinoceronte da India, e ten a mesma pel en mosaico que semella unha armadura, pero é máis pequeno (de feito, aseméllase máis en tamaño ó rinoceronte negro do xénero Diceros). O seu corno mide usualmente menos de 25 cm, menor que o das outras especies de rinocerontes.

Esta especie era das máis comúns en Asia, e o seu territorio abranguía as illas de Xava e Sumatra, todo o sueste de Asia e India e China. A especie está en perigo crítico, con só unha poboación coñecida en liberdade, e ningún exemplar en catividade. É posiblemente o gran mamífero máis raro da terra, cunha poboación de só 40 individuos no Parque Nacional Ujung Kulon no leste de Xava, en Indonesia. Unha segunda poboación do Parque Nacional Cat Tien de Vietnam foi confirmada como extinta en 2011. O declive do rinoceronte de Xava atribúese á caza, sobre todo para obter os seus cornos, que son altamente valoradas na medicina tradicional chinesa, chegando a valer $30.000 o quilogramo no mercado negro. A perda de hábitat, especialmente como resultado das guerras, como a Guerra de Vietnam, contribuíu á desaparición da especie e á súa difícil recuperación. Os exemplares que aínda se conservan viven no Parque Nacional Ujung Kulon, pero esta especie está aínda en perigo polos cazadores, as enfermidades e a perda de diversidade xenética que supón a depresión endogámica.