Violeta (cor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diferentes tons de violeta

O violeta é a cor que se percibe ante a fotorrecepción dunha luz cuxa lonxitude de onda dominante mide entre 380 e 420 nm. Atópase entre o azul e o púrpura, polo que tamén pode denominarse azul púrpura. A referencia orixinaria da cor violeta son os pétalos das plantas homónimas do xénero Viola, como por exemplo a violeta común (Viola odorata) ou a violeta brava (Viola riviniana).

Atópase estandarizado en catálogos de cores e inventarios cromáticos, servindo este violeta «estándar» coma modelo e referente para a cor violeta. O violeta estándar pode verse na imaxe da dereita, os valores que se dan debaixo corresponden ao mesmo. A denominación de cor «violeta» abrangue un conxunto de coloracións semellantes á cor estándar, violáceas. O lila e o malva son variantes desta cor[1].

Violeta coma cor terciaria
     púrpura
     violeta[2]
     azul

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A verba violeta deriva do francés violette, este do francés antigo viole, e este do latín vĭŏla,[3] que designa a planta homónima, e que é cognado co grego ἴον (ion), ‘violeta’, probabelmente derivado dunha lingua mediterránea pre-indoeuropea.[4][5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lila.
  2. Aproximacións RGB de cores terciarias RYB, usando interpolación cúbica.[1] Arquivado 28 de xuño de 2013 en Wayback Machine. As cores aquí amosadas son substancialmente máis pálidas que as cores verdadeiras que unha mestura de pinturas produciría.
  3. «violeta», Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Joan Corominas, 2011, consultado o 12 de xaneiro de 2013.
  4. «violet», Online Etymology Dictionary, Douglas Harper, 2001–2012, consultado o 12 de xaneiro de 2013.
  5. «violeta Arquivado 27 de setembro de 2013 en Wayback Machine.», Dicciomed.eusal.es. Diccionario médico–biológico, histórico y etimológico, Universidade de Salamanca, 2011, consultado o 21 de maio de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]