Sinatura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinatura do pintor Henri Rousseau.
Sinatura de Castelao.

A sinatura ou firma, é unha escritura gráfica ou grafo manuscrito que representa o nome e apelidos, ou título, que unha persoa escribe da súa propia man e ten fins identificatorios, xurídicos, representativos e diplomáticos. A súa finalidade é identificar, asegurar ou autentificar a identidade dun autor ou remitente, ou servir como unha proba de consentemento e/ou de verificación da integridade e aprobación da información contenida nun documento ou semellante, e ten carácter legal.

Os trazos ou debuxos que ornamentan e que adoitan acompañar a sinatura non son unha sinatura en si, senón un conxunto de trazos propios que funcionan como compoñente opcional e que non pode utilizarse de xeito independente a esta. Estes trazos cumpren dúas funcións; facer que a sinatura non poida ser reproducida manuscritamente por outra persona, e distinción propia.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sinatura Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]