Impresión
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A impresión é un proceso para a produción de textos e imaxes, polo xeral con tinta sobre papel usando unha prensa. A miúdo realízase como un proceso industrial a gran escala, e é unha parte esencial da edición de libros.
A partir da impresión poden publicarse fotografías, xornais, revistas, libros, cartas, ou documentos, entre outros. Para executar unha impresión é necesario o uso dunha impresora, aparello electrónico que traslada o aspecto visual a unha superficie física a través de variados recursos como láser ou tinta.