Guerra Franco-Tailandesa
A Guerra Franco-Tailandesa (tailandés กรณีพิพาทอินโดจีน-conflito de Indochina- e francés Guerre franco-thaïlandaise) foi un conflito armado entre a Tailandia e a Francia de Vichy que durou de outubro de 1940 a maio de 1941 polo control dun territorio que forma parte agora de Camboxa e Laos, que era parte da Indochina Francesa, pero que no pasado fora parte da soberanía tailandesa. Un dos episodios bélicos máis famosos foi a batalla de Koh Chang.
O goberno xaponés mediou no conflito chegándose a un armisticio xeral o 28 de xaneiro de 1941, asinando os belixerantes un tratado de paz en Toquio o 9 de maio que entregaba a Tailandia 24.039 km², creándose as provincias de Battambang, Siem Reap, Champassak e Sayaburi que se mantiveron tailandesas ata o terminación da Segunda Guerra Mundial en 1945.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |