Lista de U-Boot afundidos fronte a Galicia entre 1942 e 1944

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha listaxe dos 37 submarinos U-Boot afundidos fronte á costa galega durante a grande ofensiva aliada no Atlántico norte (1942-1944).

1942[editar | editar a fonte]

1943[editar | editar a fonte]

  • U-163: Afundido o 13 de marzo de 1943, en circunstancias confusas. Deuse por perdido o 15 de marzo, despois de non responder ás chamadas por radio. Non houbo superviventes.
  • U-332: Afundido o 29 de abril de 1943 por parte dun avión británico B-24 Liberator. Morreron os 45 tripulantes.
  • U-439: Afundido o 4 de maio de 1943, ao oeste de Fisterra, tras bater co U-659, cando ambos atacaban un convoi de mercantes aliados que tiña como destino Xibraltar.
  • U-659: Afundido o 4 de maio de 1943, na costa de Fisterra, ao bater co U-439, ambos os dous foron a pique. Só sobreviviron doce homes entre as dúas naves, que foron rescatados por un buque inglés, e posteriormente interrogados.
  • U-528: Afundido en maio de 1943 pola súa propia tripulación, tras sufrir o ataque dun avión inglés.
  • U-436: Afundido o 26 de maio de 1943 polos buques aliados HMS Test e Hyderabad. Morreron os seus 47 tripulantes.
  • U-440: Afundido o 31 de maio de 1943, ao noroeste de Fisterra, por un avión británico Sunderland. Non houbo superviventes.
  • U-564: Afundido o 14 de xuño de 1943, por un avión canadense. Salváronse o capitán e 17 tripulantes, faleceron os vinte e nove restantes.
  • U-119: Afundido en xuño de 1943, en Fisterra, por parte do buque británico HMS Starling.
  • U-449: Afundido en xuño de 1943 polas fragatas británicas Kite, Wild Goose, Wren e Woodpecker.
  • U-628: Afundido o 3 de xullo de 1943 ao noroeste de Ortegal por un Liberator.
  • U-126: Afundido o 3 de xullo de 1943 ao noroeste de Ortegal por un avión Wellington. Morreron os seus 35 tripulantes.
  • U-535: Afundido o 5 de xullo de 1943 ao noroeste da Coruña. Morreron os seus 55 tripulantes.
  • U-514: Afundido o 8 de xullo de 1943 a uns vinte cinco quilómetros da costa da Coruña por un avión Liberator. Morreron os seus 54 tripulantes
  • U-506: Afundido o 12 de xullo de 1943, fronte á costa de Vigo, por un Liberator. Seis dos tripulantes foron rescatados por un buque británico.
  • U-607: Afundido o 13 de xullo de 1943, cando navegaba ao norte de Cabo Ortegal, por un Sunderland. Salváronse sete tripulantes, que foron recollidos por un buque británico.
  • U-558: Afundido o 20 de xullo de 1943, fronte a Ortegal, por un Liberator. Salváronse 5 tripulantes e os 40 restantes morreron.
  • U-459: Afundido o 24 de xullo de 1943, fronte ao Cabo Ortegal, polo seu propio comandante, George von Willamowiitz-Moellendorff, despois de sufrir un ataque dun Wintley da RAF e, posteriormente, dun Wellington. Houbo 42 superviventes.
  • U-404: Afundido o 28 de xullo de 1943, ao noroeste de Cabo Ortegal, por un Liberator. Non houbo superviventes.
  • U-614: Afundido o 29 de xullo de 1943, fronte ao Cabo Ortegal, por un Wellington. Morreron os seus 49 tripulantes.
  • U-461: Afundido o 29 de xullo de 1943, ao noroeste de Ortegal, pola aviación aliada.
  • U-462: Afundido o 29 de xullo de 1943 fronte a Ortegal por un Liberator.
  • U-504: Afundido o 30 de xullo de 1943 fronte a Ortegal pola aviación aliada.
  • U-454: Afundido o 1 de agosto de 1943 ao noroeste de Ortegal por un avión Sunderland.
  • U-106: Afundido o 2 de agosto de 1943 ao noroeste de Ferrol por parte de dous avións Sunderland. Houbo 32 superviventes.
  • U-706: Afundido o 3 de agosto de 1943 fronte ao Cabo Ortegal por un Liberator. Houbo 4 superviventes.
  • U-134: Afundido o 24 de agosto de 1943 ao oeste de Vigo por un Wellington. Morreron os 49 tripulantes.
  • U-523: Afundido o 25 de agosto de 1943 fronte a Vigo pola corveta Wanderer, que servía de escolta a un convoi aliado. Houbo 38 superviventes.
  • U-669: Afundido o 7 de setembro de 1943 ao noroeste de Cabo Ortegal por un Wellington canadense. Morreron os seus 52 tripulantes.
  • U-760: Foi atacado o 7 de setembro de 1943 por un Wellington. Con graves avarías, emprendeu rumbo cara a costa galega, tan só impulsado polos seus motores eléctricos. Recollérono de madrugada dous pesqueiros de Bouzas e remolcárono a Vigo, onde quedou baixo arresto do cruceiro Navarra . A tripulación quedou detida na base naval da Graña ata o fin da guerra. O U-760 foi finalmente afundido polos aliado en decembro de 1945, na coñecida como Operación Deadlight.
  • U-966: Afundido o 10 de novembro de 1943 na ría do Barqueiro, tras sucesivos ataques de varios avións Liberator. Moi deteriorado, tomou rumbo a Ortigueira, onde o capitán ordenou que se afundira. Os tripulantes foron recollidos por pesqueiros locais. Foron internados na base militar de Graña, ao igual que os do U-760.
  • U-508: Afundido o 12 de novembro de 1943 ao norte do cabo de Penas por un Liberator. Morreron os 57 homes que ían a bordo. Tamén o avión que os atacou foi derrubado polo fogo antiaéreo do submarino.
  • U-391: Afundido o 13 de decembro de 1943 ao noroeste de Cabo Ortegal por un Wellington. Non houbo superviventes.

1944[editar | editar a fonte]

  • U-846: Afundido o 4 de maio de 1944 ao norte de Cabo Ortegal por un Welington británico. Morreron os seus 57 tripulantes.
  • U-955: Afundido o 7 de xuño de 1944 fronte ao Cabo Ortegal por un Sunderland. Non houbo superviventes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]