Rascanya
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rascanya é o nome que recibe o distrito número 15 da cidade de Valencia. Limita con Pobles del Nord polo norte, co Benicalap polo oeste, con Benimaclet ao sueste e La Saïdia ao sur. A poboación era de 54.372 habitantes no 2009.[1]
Índice |
Historia[editar]
O nome do distrito deriva da alquería andalusí de Rascanya, que Xaime I doou a Guillem Aguiló, franca de tributos, en 1237.[2] Dita alquería constituíu o núcleo orixinal de Els Orriols e de todo el distrito e, ademais, deu nome á acequia de Rascanya.[2]
Poboación[editar]
Rascanya tiña 51.933 habitantes en 2007, distribuídos entre tres barrios:
- els Orriols (17.528)
- Torrefiel (26.103)
- Sant Llorenç (8.302)
Notas[editar]
- ↑ "Districte 15. Rascanya" (en valenciano e español). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia. http://www.ayto-valencia.es/ayuntamiento/webs/estadistica/inf_dtba/pub/Districte_15.pdf. Consultado o 27 de xaneiro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 "Rascanya, alquería de". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Geografía. 2009.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||||||