Panxón, Nigrán

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Panxón
Panxón, Nigrán. Galiza.jpg
Panxón
Concello: Nigrán
Área: - km²
Poboación: (Ano ) hab.
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 29

San Xoán de Panxón é a parroquia máis poboada do concello de Nigrán e atópase dentro da comarca do Val Miñor. Panxón é unha parroquia de tradición mariñeira, cun porto propio dependente da Xunta de Galicia.

Índice

[editar] Turismo

As características máis salientables de Panxón están na súa singular igrexa o Templo Votivo do Mar, deseñada polo arquitecto galego Antonio Palacios, e as súas multitudinarias fogueiras de San Xoán que reunen cada ano cerca de mil cincocentas persoas ao redor do lume.

Panxón conta con fermosas praias como as de Panxón, Madorra e Patos. Así como reconditos pequenos areais nos acantilados de Monteferro

A praia de Panxón abrangue todo o antigo paseo marítimo dirección Monte Lourido en Praia América. Na zona comprendida entre o final do paseo marítimo e a desembocadura do río Muiños está a praia de Canido, nas desaparecidas Dunas de Gaifar. O seguinte tramo de praia dende o río ate Monte Lourido sería Praia América. É un areal de cerca de 2,5 Km de area fina, bordeado por tramos de paseo de madeira de formigon, que vai enlazar co paseo marítimo de Ramallosa, bordeando a costa por Monte Lourido.Outro dos areais que ten Panxón é o da Madorra, que se atopa en dirección a Praia de Patos, xusto no istmo da península de Monteferro. Por último, está a praia de Patos. Esta praia está moi frecuentada por afecionados e seguidores do mundo do surf, grazas ás súas ondas provocadas pola súa orientación cara már aberto.

A Panxón pertencen os lugares de Patos, O Quinteiro, A Porqueira, Monteferro, O Caranquexo, A Madorra, Sancho.

[editar] Economía

Actualmente a súa vida está fortemente marcada pola actividade hostaleira ó redor do turismo. A pesca de baixura, restaurantes e inmobiliarias son os principais negocios que nel se asentan.

[editar] Patrimonio

Templo votivo mar panxon.jpg

En canto ao patrimonio destacan os restos da igrexa visigótica e o camposanto visigótico. Xusto ao lado érguese o Templo Votivo do Mar ambos situados moi perto do núcleo de poboación. Este último é ademais a igrexa da parroquia de San Xoán e foi proxectado polo arquitecto Antonio Palacios.

En Monteferro érguese un monumento dedicado a Virxe do Carme patrona dos mariñeiros. Este monumento foi erguido por petición mediada a Primo de Rivera. Este monumento ten adosados 3 placas conmemorativas aos falecidos nos mar.

No centro de Panxón, nunha glorieta podemos atopar a áncora do petroleiro noruegués Polycomander, que afundiu fronte ás Cies o 5 de maio de 1970. O barco, que tiña só cinco anos de servizo, estaba baixo o mando do capitán Alf. Strom-Olsen.

Eran las 04,20 horas de la madrugada del 5 de mayo de 1970 cuando sucedió el percance, entrara el barco de arribada al puerto de Vigo, para desembarcar a una camarera enferma, cuando encalló e inmediatamente comenzó a perder crudo por una enorme abertura en su costado... La llamarada en tromba, la humareda del carburante, el crudo derramado sobre el mar constituyeron el dramático espectáculo que podía ser observado desde cualquier punto de la ría de Vigo....

[editar] Natureza e deporte

En Panxón atopamos as praias de Panxón, da Madorra, de Patos e das Canas (ou do Caranquexo). Ademais hai pequenas calas con area, especialmente entre as rochas de Monteferro, onde hai unha zona forestal en man común, que ten o interese de se atopar á beira do mar; e en frente atópanse asillas Estelas, dúas pequenas illas moi perto da costa.

A actividade deportiva en Panxón está moi ligada ao mar, no club náutico é posíbel aprender windsurf, vela e outras modalidades de deportes mariños. O submarinismo pactícase ao longo da súa costa, principalmente en Monteferro, pero tamén entre as rochas diante da praia de Patos. Nesta mesma praia pódese ver ao longo de todo o ano, pero especialmente no inverno, incluso o día de aninovo, a moita xente nova practicando o surf enriba das fortes ondas que a mollan. Ademais en Panxón está o pavillón polideportivo de Nigrán, onde se pode practicar fútbol sala, baloncesto, boleibol, etc.

[editar] Lugares e Parroquias

[editar] Lugares de Panxón

Lugares da parroquia de Panxón no concello de Nigrán (Pontevedra)

A Area Alta | A Barcalleira | A Bouza Vella | A Calzada | A Carballesa | O Carballo da Palma | O Carregal | As Dunas | O Formigón | Gaifar | A Madorra | O Mallón | O Monteferro | Paraviñaval | Patos | A Porqueira | Portocelo | A Praia | O Quinteiro | A Rabadeira | O Rial | O Río do Forno | San Xoán | Sancho | O Seixo | A Touza | O Tripeiro | A Veiga da Arca | Xermaña

[editar] Parroquias de Nigrán

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Nigrán

Camos (Santa Baia) | Chandebrito (San Xosé) | Nigrán (San Fiz) | Panxón (San Xoán) | Parada (Santiago) | Priegue (San Mamede) | A Ramallosa (San Pedro)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Outras linguas