O bosque de Levas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O bosque de Levas
Autor/aAlfonso Álvarez Cáccamo
CubertaJean-Baptiste Greuze: Cabeza de home vello (fragmento)
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónLiteraria (nº 190)
Xénero(s)novela
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.decembro de 2002
Formatoedición rústica cosida a fío
Páxinas228
ISBNISBN 978-84-8288-675-6
editar datos en Wikidata ]

O bosque de Levas é unha novela de Alfonso Álvarez Cáccamo, publicada por Editorial Galaxia en decembro de 2002.

Trama[editar | editar a fonte]

Conta a historia de Marcelo de Salas Gutiérrez de la Cruz, un madrileño, de profesión impresor, asasinado no garrote vil en 1832, ó ser considerado afrancesado e liberal, contrario ás ideas absolutistas e partidarias do rei Fernando VII.

Marcelo, ó morrer no garrote e non fusilado, como correspondería polos seus delitos, converteuse nun espectro. Conserva o corpo e a alma, pero consérvase nas tebras. Marcelo xa levaba tempo instalado na casa do narrador, Alberte, que vive coa súa muller e tres fillos adolescentes. Ata que decide mostrarse para solicitarlle axuda.

Tras moitos diálogos, algunha excursión e algunha discusión, Marcelo, que sente devoción por moitos dos inventos do século XX, pero especialmente polo automóbil, ten un accidente co Citroën de Alberte, tralo que pasa unha época sen aparecer. Tras escoitar o himno de Riego aparece de novo, e Alberte decide a axudalo definitivamente. Cun compañeiro de traballo, organiza un xuízo no que se acusa a Marcelo de liberal e traidor á Patria, sendo condenado a ser fusilado.

Narración[editar | editar a fonte]

Narrado en primeira persoa, describe sobre todo os sentimentos e reaccións de Alberte, pero tamén fala das sensacións de Lucía, a súa muller, e dos seus fillos. Ten moito diálogo con Marcelo, e mesmo unha forte discusión sobor do sentimento centralista dos madrileños.

A trama ten lugar entre 1996 e o Entroido de 1997. Desenvólvese en gran parte na casa de Alberte (posiblemente un alter ego do escritor), en Panxón, con visitas ó Baixo Miño, a Tui e mesmo a Portugal.

Pode considerarse unha traxicomedia, pois ten moitos aspectos divertidos, e aínda que acaba cunha morte, acaba satisfactoriamente, pois cúmprese o desexo de Marcelo, se ben a Alberte lle pesará moito a desaparición do seu amigo.

Foi levada ao cine por Antón Dobao en 2006, co título de O bosque de Levas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha na web da editorial.