Neodarwinismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo neodarwinismo foi acuñado por George Romanes a finais do século XIX para referíase á escola panseleccionista de Wallace e Weismann: fronte a Darwin, que admitira unha pluralidade de mecanismos evolutivos, os neodarwinistas defendían a exclusividade da selección natural como mecanismo do cambio orgánico. Enfrontábanse así cos neolamarquistas, que avogaban pola lei lamarquista do uso e o desuso. Na actualidade o termo neodarwinismo asóciase á síntese evolutiva moderna dos años 1930.

A Teoría da evolución de Darwin pode ser vista como un caso especial da Teoría da Conservación do Estable. Esta tautoloxía establece que o que existe (polo menos o tempo suficiente para merecer un nome) tenderá a seguir existindo. Isto non é máis que unha versión das leis de Newton (parafraseando, todo corpo nun estado continuará en dito estado ata que unha forza o faga cambiar de estado).

Características[editar | editar a fonte]

Porén, pódese considerar que un organismo poderá continuar existindo namentres exista outro organismo que sexa a súa réplica exacta.

Sen mencionar as teorías que existen sobor do paso da materia inanimada á vida orgánica, chega con que se cumpran unha serie de condicións:

  1. abundancia de elementos diferentes (o que se denomina riqueza do caldo de cultivo),
  2. herdanza ou replicación, e
  3. idoneidade diferencial ou número de copias en función da súa interacción co medio,

e xurdirá a evolución. Isto débese a que a herdanza ou replicación depende de tres factores: a lonxevidade, a fidelidade da copia e a fecundidade. En concreto, os erros nas copias iranse acumulando sucesivamente. En termos xerais, os individuos e as especies non pretenden evolucionar: a evolución é o efecto colateral da falla de completa fiabilidade no proceso de copia e a diferente capacidade de adaptación provocada por eses erros de copia.

A teoría canónica do Neodarwinismo establece que as mellores ou peores adaptacións xenéticas dos individuos determinarán o resultado da evolución, non só dos individuos en particular senón das especies en xeral.