@

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
@
@
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
puntos suspensivos ( )
acento ( ◌́ )
diérese ( ◌̈ )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
frecha ( )
grade ( # )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

Arroba como a fonte Arial.

@ (lido arroba) é o símbolo empregado para representar a unidade de masa chamado arroba. Unha arroba equivale a un cuarto de quintal e vén do mozárabe, que foi prestado do árabe الربع (ar-rubʿ, cuarta parte, (á súa vez da mesma orixe que o hebreo arba, 4), un cuarto de quintal, é dicir 25 libras, masa equivalente a 11 os 15 kg segundo as zonas[1]. Actualmente tamén se emprega en informática para indicar "en" (at en inglés) nos enderezos de correo electrónico e outros servizos en liña que usan o formato usuario@servidor .

En lingua inglesa úsase como substituto da preposición «at», como na frase: «100 psi @ 2000 rpm» (100 libras por polgada cadrada a 2000 revolucións por minuto).

En construción úsase na interpretación de planos, o que significa "a cada" para expresar cantidades (por exemplo, 5 varas @ 0.20 m. ou a cada 20 centímetros).

Historia[editar | editar a fonte]

Taula de Ariza

A súa orixe está nunha ligadura, primeiro caligráfica e despois tipográfica, representando na tradición paleográfica anglosaxoa a preposición latina ad ou, segundo outras fontes, a conxunción at. Dentro do código ASCII, é representado polo número 64.

O xornal británico The Guardian informou de que algúns investigadores italianos encontraran a primeira representación escrita deste símbolo. Apareceu nunha carta enviada por un comerciante italiano en 1536, desde Sevilla a Roma, describindo a chegada de tres barcos cargados de tesouros procedentes de América: Así, unha @ de viño, que é 1 / 13 dun barril, é 70 ou 80 ducados.... Non obstante, investigacións do historiador aragonés Jorge Romance encontraron o símbolo @ na taula de Ariza de 1448, nunha entrada de millo miúdo no Reino de Aragón. [2] En galego e portugués dise «arroba», pero outras linguas empregan expresións máis descritivas que se refiren á espiral final ou a súa suposta semellanza coa cola dun animal:

  • en afrikaans, «cola de mono» (aapstert).
  • en alemán utilízase at-Zeichen [3] aínda que existen formas populares como Klammeraffe (cola de mono).
  • en aragonés, arredol (arredor) e tamén «arroba».
  • en bielorruso, «caracol» (ślimak).
  • en búlgaro, «moniño» (majmunsko).
  • en catalán, arrova ou rova [4] Tamén se utilizan ou utilizaron popularmente formas como ensaïmada [5] ou caragol (caracol) [6]
  • en coreano, «caracol acuático» (gol-baeng-i ou dalpaengi).
  • en checo e eslovaco, «arenque» (zavináč).
  • en chinés (putonghua), «ratiño» (xiao lao shu) ou «marca de rato» (lao shu hao).
  • en danés, «a - con - trompa» (snabel-a).
  • en esperanto, «mono araña» (atelo), «caracol» (heliko), «signo de cantidade exacta» (po-signo) ou «a envolta» (volvita a)
  • en estoniano, «marca comercial» (kommerstsmärk).
  • en euskera, «a envolta» (a bildua).
  • en finés, a veces «cola de gato» (kissanhäntä) ou «marca miau» (miukumauku), pero usualmente ät-merkki ou at-merkki
  • en francés, «a comercial» (a commerciale, pouco común. Usualmente arobase).
  • en frisio, «cola de mono» (apesturtsje).
  • en grego, «patiño» (papi ou to papáki).
  • en hebreo, «torta alemá con remuíño» (s (h) trudel).
  • en holandés, «cola - de - mono» (apenstaartje).
  • en húngaro, «larva» (kukac).
  • en italiano, «caracol» (chiocciola).
  • en lituano, «comercial et» (at comercial).
  • en noruegués, «alfa enroscado» (alfa-krøll).
  • en polaco, «mono», (małpa).
  • en portugués, arroba.
  • en romanés, «cola de mono» (coada de maimuta).
  • en ruso, «can» (sobachka).
  • en serbio, «mono» (majmun) ou «a louco» (ludo a).
  • en sueco dise «a con trompa (de elefante)» (snabel a).
  • en turco, «a con cola» (kuyruklu a).
  • en yiddish, «strudel».
  • en xaponés, «marca de at (referíndose á at inglesa)» (atto maaku).

Uso informático[editar | editar a fonte]

Unha evolución teórica da arroba.

En 1971 Ray Tomlinson procurou un símbolo para separar o nome da persoa do lugar onde estaba. Algunhas máquinas de escribir, desenvolvidas a partir de 1884, incluían este sinal (como Lambert fabricada en 1902) debido ao seu uso comercial, e o teclado dunha Model-33 Teletype (un modelo teletipo) contiña unha arroba, que era o sinal usado por Tomlinson, que enviou a súa primeira nota desde seu ordenador PDP -10 para outro ordenador. Esta foi a primeira dirección de correo electrónico da historia como a coñecemos hoxe día: tomlinson@bbn-tenexa

Uso en libros antigos[editar | editar a fonte]

Durante boa parte do inicio e mediados do século XX, foi un símbolo usado en libros de texto como unha representación da superficie, especialmente en libros de matemáticas e enxeñería.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: @