Símbolos de propiedade intelectual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
©
Símbolos de propiedade intelectual
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
puntos suspensivos ( )
acento ( ◌́ )
diérese ( ◌̈ )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
frecha ( )
grade ( # )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

Os símbolos de propiedade intelectual son signos tipográficos empregados para informar do réxime de dereitos de autor ou de copyright aos que están suxeitas creacións artísticas, literarias, científicas, audiovisuais, de software, etc.


Lista de símbolos de propiedade intelectual[editar | editar a fonte]

  • O símbolo de copyright (©), formado pola letra C maiúscula (do inglés copyright) encerrada nun círculo, é o signo tipográfico empregado nas obras intelectuais, a excepción das gravacións sonoras, para informar do copyright ou dereito de copia que as protexe. O uso do signo está contemplado internacionalmente na Convención Universal sobre o Dereito de Autor adoptada en Xenebra en 1952 e revisada en París en 1971.[1]
  • O símbolo de copyright de gravación sonora (), formado pola letra P maiúscula (do inglés phonogram) encerrada nun círculo, é o signo tipográfico usado para informar do copyright ou da reserva de dereitos de autor das gravacións sonoras (fonogramas) rexistradas en discos de vinilo, cintas de casete, discos compactos, etc. O seu uso orixinouse en 1971 na Lei do Copyright estadounidense, sendo case simultaneamente ratificado a través dun tratado internacional.[2].
  • O símbolo de copyleft (Copyleft.svg) formado pola letra C maiúscula virada para a esquerda e encerrada nun círculo é un signo tipográfico usado xeralmente, en contraposición ao símbolo do copyright para informar da autorización dada polo autor da obra para utilizar, difundir e, a miúdo, modificar libremente o seu traballo, respectando certas condicións que varían segundo o tipo de licenza copyleft.
  • O símbolo de marca rexistrada (®), formado pola letra R maiúscula (do inglés registered) encerrada nun círculo, é un signo tipográfico usado nalgúns países para indicar que a marca que o precede é unha marca comercial ou marca de servizo que foi rexistrada no organismo oficial correspondente, como a Oficina Nacional de Patentes e Marcas, no caso dos Estados Unidos.
  • O símbolo de marca comercial (), formado polas letras maiúsculas TM (do inglés trademark) en estilo sobrescrito, é un signo tipográfico utilizado nalgúns países para indicar que a palabra, imaxe ou outro signo que o precede é unha marca comercial. Emprégase normalmente para marcas aínda non rexistradas oficialmente.
  • O símbolo de marca de servizo (), formado polas letras maiúsculas SM (do inglés service mark) en estilo sobrescrito, é un signo tipográfico usado nalgúns países para indicar que a marca que o precede é unha marca de servizo. É utilizado xeralmente para marcas de servizo aínda non rexistradas oficialmente. O seu emprego é menos común ca o do símbolo de marca comercial, especialmente fóra dos Estados Unidos.
  • O símbolo de mask work (), formado pola letra M maiúscula (do inglés mask) encerrada nun círculo, é un signo tipográfico usado nalgúns países para informar dos dereitos de propiedade intelectual, no ámbito da informática, sobre os mask works, os esquemas de trazado dos circuítos integrados.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]