Signo de exclamación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 !
Signo de exclamación
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
puntos suspensivos ( )
acento ( ◌́ )
diérese ( ◌̈ )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
frecha ( )
grade ( # )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

O signo de exclamación (!) é un signo de puntuación que se utiliza despois dun enunciado para indicar entoación exclamativa, a propia da expresión das emocións, da vehemencia, do desexo e das ordes. Con moita frecuencia indica tamén a fin dunha frase, sinalando unha pausa similar á dun punto.

É coñecido tamén como signo de admiración, aínda que algúns autores consideran que se debe evitar esta denominación, dado que a admiración non é a única emoción que expresa.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Crese que a forma do signo de exclamación ten a súa orixe na Idade Media, nunha época máis ou menos contemporánea do nacemento do signo de interrogación. Segundo unha teoría, nesta altura os copistas acostumaban empregar a exclamación latina , que significaba "viva!", para indicar sorpresa ou alegría nunha frase. No curso do tempo esta palabra daría lugar ao signo por medio da sobreposición da letra "ı" ao "o" e da redución da vogal "o" a un punto. Outra hipótese apunta á abreviación da palabra latina interjectio como base da forma io.[2]

Posible evolución do signo.

Uso e particularidades en diversas linguas[editar | editar a fonte]

Utilízase na maioría das linguas que empregan o alfabeto latino e tamén en árabe, coreano, xaponés e chinés.

Nalgunhas linguas como o castelán colócase en combinación con este outro signo de exclamación invertido (¡) ao comezo da frase.

En galego, nos textos dos séculos XIX e XX tendíase a reproducir os usos do castelán e empregábase xeralmente como é norma nesoutra lingua. Conforme a isto, na primeira edición das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (1982) prescribíase que se empregasen dous signos de exclamación correlativos (¡...!) ao inicio e ao final do enunciado afectado pola entoación exclamativa. Trala reforma das NOMIG feita no 2003 só é obrigatorio o uso do signo de exclamación de peche (!), aínda que se admite o uso do signo invertido de apertura (¡) para facilitar a lectura e evitar ambigüidades.

Nas linguas khoisan, e no Alfabeto Fonético Internacional, o signo de exclamación emprégase para representar o clic postalveolar ( representado, en troca, polo "q" na ortografía zulú).

Usos extralingüísticos[editar | editar a fonte]

Na sinalización viaria, o signo de exclamación indica perigo.

Matemáticas[editar | editar a fonte]

Emprégase o signo de exclamación xunto a unha variable para representar o factorial, que se representaría n!, definíndose como a multiplicación dos números naturais antecesores de n distintos de cero. números consecutivos. O factorial de cero (0!) é 1.

Xadrez[editar | editar a fonte]

No xadrez, nas anotacións das partidas, un movemento apuntado poder ter un ou dous signos de exclamación. Se se anota un signo de exclamación (!) lese que é unha boa xogada, e se aparecesen dous (!!), implicaría unha xogada excelente.

Banda deseñada[editar | editar a fonte]

Na banda deseñada, o signo de exclamación indica sorpresa ante calquera situación sospeitosa ou que abra un misterio. Ademais, úsase para resaltar as sentenzas que soltan os personaxes e darlle máis forza á lectura que realice un lector.

Sinalización viaria[editar | editar a fonte]

O signo de exclamación circunscrito por un triángulo vermello indícalle aos condutores de automóbiles nas estradas a proximidade dun perigo de causa incerta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial, p.372.
  2. Jan Viktor White, Ideografia. Segni, simboli e immagini. Corso avanzato di grafica professionale, Milano, Editiemme, 1985. ISBN 88-7022-042-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]