Antilambda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
< >
Antilambda
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
puntos suspensivos ( )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
acento ( ◌́ )
  acento agudo ( ◌́ )
  acento circunflexo ( ◌̂ )
  acento grave ( ◌` )
diérese ( ◌̈ )
til ( ~ )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
asterismo ( )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
cancelo ( # )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
fin de artigo ( )
frecha ( )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

O antilambda, coñecido en paleografía coa denominación latina diple,[1] é un signo ortográfico auxiliar que pode empregarse como signo simple ou como signo dobre, cunha forma de apertura ( < ) e outra de peche ( > ).

Historia[editar | editar a fonte]

O nome do signo provén da súa semellanza coa forma maiúscula da letra grega lambda (Λ), mais disposta en horizontal.[1]

O antilambda xa era utilizado na antiga Grecia. O símbolo > considérase unha creación de Aristarco de Samotracia, (século II a.C.), editor de Homero, que o utilizaba para indicar que discordaba da opinión de Zenódoto de Éfeso, editor anterior.[2]

Ese mesmo signo > empregábase nas marxes dos manuscritos latinos e gregos para indicar que nesa liña había algunha palabra ou pasaxe relevante. Posteriormente introduciuse o signo < para encerrar o texto.[3]

Isidoro de Sevilla explica nas súas Etymologiae que o antilambda se usaba na súa época para indicar que unha cita dun texto era bíblica e non un comentario.

Na Idade Media utilizáronse diferentes signos: V, Y, 7... Coa imprenta continuouse a empregar, sendo a orixe das comiñas latinas.[3]

Uso como signo dobre[editar | editar a fonte]

Como signo dobre recibe tamén a denominación de parénteses angulares[4], sendo os seus principais usos os seguintes:

  • Nas transcricións paleográficas e nas edicións críticas de textos antigos utilízase para desenvolver abreviaturas e encerrar partes do texto reconstruídas ou non presentes no orixinal.
  • Pode usarse en vez das comiñas en partes de textos que xa teñan eses signos tras utilizar as comiñas latinas, inglesas e simples.[1]
  • Na banda deseñada empréganse para indicar que unha personaxe fala nun idioma distinto.[5]
  • En Informática serve para encerrar as etiquetas propias das linguaxes de marcación HTML e XML.[6]
  • Nos primeiros tempos de Internet empregábase para encerrar enderezos de correo electrónico e páxinas web, especialmente en texto plano ou naqueles soportes que non permitían formatos.[7]
  • En Matemáticas indican o subgrupo xerado por un subconxunto[8] ou un produto interno.

Uso como signo simple[editar | editar a fonte]

Como signo simple non pode considerarse propiamente un signo ortográfico auxiliar. Emprégase en ámbitos do saber moi concretos.

  • En Lingüística é usado para mostrar a etimoloxía ou a evolución dunha palabra. Así, o signo de peche indica que o termo anterior dá orixe ao que segue ( FACERE > FACER), e o de apertura, que o termo que o precede deriva do posterior (OURO < AURUM).
  • En Matemáticas o signo > significa maior que (3 > 0) e < significa menor que (2 < 5), podendo combinarse co signo igual: ≤ ou ≥.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Bermúdez, Manuel. (Breve) Manual de estilo universitario (PDF). Servizo de Normalización Lingüística – USC. 
  2. "Aristarch de Samotracia". Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Fernández López, Justo. Hispanoteca – Lengua y cultura, ed. "Antilambda o diplé". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  4. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4. 
  5. Scribendi (ed.). "Square Brackets, Curly Brackets, Angle Brackets, Oh My!". Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  6. PC Magazine Encyclopaedia (ed.). "Angle Brackets Definition". Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  7. The Punctuation Guide (ed.). "Angle Brackets". Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  8. Ikenaga, Bruce. Millersville University, ed. "Subgroups". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]