Cracker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Crackers é o nome que reciben aqueles que empregan os seus coñecementos técnicos para a perturbación de procesos informáticos.

Temidos e criticados duramente pola maior parte da comunidade hacker debido ao desprestixio que lles supón a ante da opinión pública e as empresas, poden considerarse un subgrupo marxinal da comunidade informática, xa que a maioría deles teñen coñecementos técnicos limitados e non crean ningunha innovación.

Outros crackers, máis sofisticados, penetran en sistemas informáticos para desafiar persoalmente aos poderes establecidos, por exemplo a Microsoft ou ás grandes empresas. E algúns empregan a súa capacidade tecnolóxica como forma de protesta social ou política, como expresión da súa crítica á orde establecida.

Estes son os que se introducen en sistemas militares, administracións públicas, bancos ou empresas para reprocharlles algunha fechoría. Entre os ataques de crackers con motivación política hai que sitúar os practicados por movementos políticos ou por sevizos de intelixencia dos gobernos, como a guerra informática desenvolta entre países.

Os ladróns de guante branco[editar | editar a fonte]

Hai moi distintos tipos de crackers, pero non se considera entre eles a aqueles que penetran en ordenadores ou redes de xeito ilegal para roubar. Estes son ladróns de guante branco, unha vella tradición criminal.

Script kiddies[editar | editar a fonte]

Moitos crackers pertencen á categoría de script kiddies, é dicir, bromistas de mal gusto. Moitos deles son adolescentes que penetran sen autorización nos sistemas, ou crean e difunden virus informáticos para sentir o seu poder, para medirse cos outros, para desafiar o mundo dos adultos ou para chulearse cos seus amigos ou cos seus referentes da rede.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]