Ágora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Restos da ágora ateniense da época romana.

Unha ágora era a praza pública das cidades da Grecia antiga, servía de mercado e nela celebrábase a asemblea de cidadáns da pole, tamén se utilizaban para festivais relixiosos, xogos atléticos, adestramento militar, representacións teatrais e para realizar actos de ostracismo[1]. Os seus límites viñan marcados por grandes pedras, ás veces coa inscrición Eu son o límite da ágora. A máis famosa era a ágora de Atenas. Xurdiron trala caída da civilización micénica e no século -VIII xa estaban totalmente consolidadas como o centro da vida pública.

[editar] Notas

  1. Mabel L. Lang e John McK. Camp The Athenian Citizen: Democracy in the Athenian Agora. American School of Classical Studies at Athens, 2ª ed, 2004, páxina 5
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas