Sentimento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sentimentos de desesperación e cólera

O sentimento é o estado afectivo dun ser humano ou un animal que experimenta unha emoción. A psicoloxía procura analiza-las compoñentes fisiolóxicas dos sentimentos ao cerebro por mor da súa importancia como condicionantes da mente.

O sentimento oponse á razón e está próximo ao instinto. En moitas ocasións, aparece asociado co corazón. É sempre un estado subxectivo que se pode manifestar ou non cara ao exterior.

Os sentimentos máis usuais e comúns nas diferentes culturas son: o amor, o medo, o odio, a ledicia, a pena, a culpabilidade, a envexa ou a sorpresa.