Conversa:Ética

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigos en serie[editar a fonte]

Unha vez, facendo un traballo de clase sobre o Socialismo de Marx, dei na Wikipedia castelá cunha especie de artigo, que en realidade eran varios artigos que formaban parte dunha serie. É dicir, a historia do Marxismo era moi extensa, de xeito que se dividía en varios artigos, e en cada un deses artigos aparecía unha especie de cadro que os relacionaba entre si.

Penso que coa historia da Ética podería facerse algo similar, e penso que teño material abondo para comezar (Teño a firme intención de pasar todos os apuntes que collín na clase de esa asignatura), pero o certo é que non sei cómo facelo. Só de pensalo... parece bastante complicado, e por experiencia sei que a Wikipedia en castelán e a Galipedia utilizan diferentes comandos, por non dicir que a Galipedia carece de algúns (que polo de agora non foron necesarios).

Agradecería que alguén me explicase como facelo. Por se axuda dalgún xeito, déixovos a ligazón do artigo do Marxismo na Wikipedia castelá.

--Gallaecio 08:37, 23 agosto 2007 (UTC)

Ben, agora creo que xa teño unha idea clara do que quero facer. Crearía un artigo chamado "Historia da ética", que sería accesible dende o apartado co mesmo nome no artigo de "Ética". Redirixiría o artigo "Historia da ética" cara o artigo "Sofistas". Isto de non haber un artigo anterior temporalmente que se refira á historia da ética, que penso que pode aparecer nun futuro. No artigo "Sofistas", ao igual que no resto dos artigos da cadea (Sócrates, Platón, Aristóteles, Epicúreos, etc.), habería un cadro que relacionaría todos os artigos e que os ordearía segundo criterios temporais.
En principio esa é a idea. Antes de levala a cabo, vou rematar de escribir os artigos en si. Se para cando remate (o cal vai ser dentro de bastante), non hai ninguń comentario en contra, proseguirei co plan. De todos xeitos, isto é a Galipedia, e se non cadra ben, sempre se pode desfacer todo. Prometo que se hai que desfacelo colaborarei.
--Gallaecio 11:57, 31 agosto 2007 (UTC)
A idea de base esposta por Gallaecio semella mui produtiva. ElviraConversa comigo 20:39, 22 setembro 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ética. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 10 de decembro de 2019 ás 09:42 (UTC)[responder]