Alain Badiou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Badiou.jpg

Alain Badiou, nado en Rabat o 17 de xaneiro de 1937, é un filósofo, dramaturgo e novelista francés de orientación maoísta.

O seu pai, Raymond Badiou (1905-1996), foi membro da SFIO (Section française de l'Internationale ouvrière), formando parte da Resistencia francesa durante a ocupación nazi, e alcalde de Tolosa entre 1944 e 1958.

Realizou estudos de filosofía na École Normale Supérieure de París entre 1956 e 1961. Impartiu leccións na Universidade de París e na ENS entre 1969 e 1999, cando foi nomeado director do departamento de filosofía. Tamén imparte cursos no Collège international de philosophie. Foi discípulo de Louis Althusser, influenciado polos seus primeiros traballos epistemolóxicos. Tamén é seguidor de Jacques Lacan e Mao Zedong.

Militante desde novo, foi membro fundador do PSU en 1960. Implicado nos movementos políticos arredor do maio francés, e simpatizante da esquerda maoísta, ingresou na Union des communistes de France Marxiste-Léniniste en 1969. Actualmente participa no grupo L'Organisation Politique, xunto con Sylvain Lazarus e Natacha Michel.

A súa obra principal é L'Être et l'Événement (O ser e o coñecemento, 1988), onde defende que as matemáticas constitúen a verdadeira ontoloxía, ou "ciencia do ente en canto ente". En 2006 publicou a segunda parte, Logique des mondes. L'être et l'événement 2.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Hai oito obras súas traducidas ó galego:[1]

  • Rapsodia polo teatro: breve tratado filosófico (Sotelo Blanco, 1994); Traducida por Luis Martul e Emilio Araúxo, que tamén traduciu a obra ó castelán.
  • Dun desastre escuro e outros textos (Laiovento, 1995). Traducida por Francisco Sampedro. ISBN 978-84-87847-62-2.
  • A Ética. Ensaio sobre a conciencia do Mal (Noitarenga, 1995). Traducida por Emilio Araúxo e Luis Martul.
  • ABNM (Noitarenga, 1997).
  • Beckett (Noitarenga, 1997).
  • Para unha nova teoría do suxeito (Noitarenga, 2000).
  • A Revolución Cultural (Noitarenga, 2003).
  • Alén da formalización (Noitarenga, 2005).
  • Pequeno panteón portátil (Laiovento, 2009). Traducida por Francisco Sampedro.

Filosofía[editar | editar a fonte]

  • Le Concept de modèle, éditions François Maspero, Paris, 1969.
  • Théorie de la contradiction, éditions François Maspero, Paris, 1975.
  • Théorie du sujet, Seuil, 1982.
  • Peut-on penser la politique ?, Seuil, 1985.
  • L'Être et l'Événement, Seuil, 1988.
  • Manifeste pour la philosophie, Seuil, 1989.
  • Le Nombre et les Nombres, Seuil, 1990.
  • Conditions, Seuil, 1992.
  • Saint Paul. La fondation de l’universalisme, PUF, Paris, 1997.
  • L'Éthique, essai sur la conscience du mal, Hatier, Paris, 1993 (reedición Nous, Caen, 2003).
  • Deleuze, Hachette, 1997
  • Abrégé de métapolitique, Seuil, 1998.
  • Court Traité d'ontologie provisoire, Seuil, 1998.
  • Petit Manuel d'inesthétique, Seuil, 1998.
  • Le Siècle, Seuil, Paris, 2005.
  • Logiques des mondes. L'être et l'événement, 2, Seuil, Paris, 2006.
  • Le Concept de modèle. Introduction à une épistémologie matérialiste des mathématiques, Fayard, Paris, 2007 (reedición, aumentada cun longo prefacio, do libro publicado en 1969).
  • Petit Panthéon portatif, La Fabrique, Paris, 2008.

Ensaios políticos[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Almagestes. Trajectoire inverse I, Le Seuil, 1964.
  • Portulans. Trajectoire inverse II, Le Seuil, 1967.

O terceiro tomo de Trajectoire inverse, anunciado baixo o título de Bestiaires, nunca foi publicado.

  • Calme bloc ici-bas, P.O.L., 1997.

Pezas de teatro[editar | editar a fonte]

  • L'Écharpe rouge (romanopéra), Maspero, 1979.
  • Ahmed le subtil, Actes-Sud, 1984.
  • Ahmed Philosophe, suivi de Ahmed se fâche, Actes-Sud, 1995.
  • Les Citrouilles (comédie), Actes-Sud, 1996.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A conexión galega da insurxencia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Charles Ramond (éd), Penser le multiple, Paris, Éditions L'Harmattan, 2002
  • Fabien Tarby, La Philosophie d'Alain Badiou, Paris, Éditions L'Harmattan, 2005
  • Fabien Tarby, Matérialismes d'aujourd'hui : de Deleuze à Badiou , Paris, Éditions L'Harmattan, 2005
  • Bruno Besana et Oliver Feltham (éd), Écrits autour de la pensée d'Alain Badiou, Paris, Éditions L'Harmattan, 2007.
  • Rémy Bac, La soustraction de l'être, Paris, Le grand souffle, 2008.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alain Badiou