Saltar ao contido

Fortuna Sittard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fortuna Sittard
NomeFortuna Sittard
Fundación1 de xullo de 1968 (56 anos)
EstadioFortuna Sittard Stadion
Inauguración1999
Capacidade12.500
Propietario Özgür Işıtan Gün
Presidente Özgür Işıtan Gün
AdestradorPaíses Baixos Danny Buijs
LigaEredivisie
2022/2313º
Na rede
https://fortunasittard.nl/
Facebook: FortunaSittard Twitter: fortunasittard Instagram: fortuna.sittard Youtube: UC7IboGldjNiCzPGHlkX9XXQ TikTok: fortuna.sittard Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

Fortuna Sittard (en limburgués: Fortuna Zitterd) é un club de fútbol con sede en Sittard, Países Baixos. Milita na Eredivisie e xoga os seus partidos como local no Fortuna Sittard Stadion, con capacidade para 12.500 espectadores. Foi fundado a través da fusión dos do Fortuna 54 e do Sittardia, que se uniron como Fortuna Sittardia Combinatie o 1 de xullo de 1968.

O club foi un habitual da Eredivisie nas décadas de 1980 e 1990, con xogadores de canteira como Kevin Hofland, Mark van Bommel e Fernando Ricksen, e outros como Wilfred Bouma e Patrick Paauwe.

Gráfico histórico do rendemento na liga

O Fortuna 54 gañara a KNVB Cup na tempada 1956/57, e rematara a tempada da Eredivisie en segundo lugar só por detrás do campión, o Ajax. O Sittardia era un club de menos éxito, que loitaba habitualmente contra o descenso. O Fortuna 54 gañou de novo a KNVB Cup en 1964 antes da fusión dos dous clubs en 1968 debido a dificultades financeiras.

O novo club só aguantou un ano na máxima categoría, á que non conseguiu volver ata 1982. Mantívose na Eredivisie durante as seguintes dúas décadas, coa excepción de dúas tempadas que xogou na segunda categoría entre 1993 e 1995. Ao final da tempada 1999/2000, o adestrador Bert van Marwijk marchou para unirse ao Feyenoord e o equipo descendeu á Primeira División na tempada 2001-02.[1]

Dificultades económicas (2002–16)

[editar | editar a fonte]

Nos primeiros anos do século XXI o club atravesou problemas financeiros e enfrontouse á quebra durante varias tempadas. No inverno de 2003, dous dos seareiros do club gañaron a lotería e doaron todo o diñeiro do premio ao club.[2] A entidade saldou a maioría das súas débedas vendendo o seu novo estadio, o Wagner & Partners.[3]

O 19 de maio de 2009, a KNVB anunciou que retiraría a licenza do club para a tempada 2010/11. Tras acudir ao xulgado civil, esta decisión foi revogada.[4] A pesar das continuas dificultades económicas, o club comezou a recuperarse economicamente nos anos seguintes, o que motivou un éxito deportivo. O equipo clasificouse para os playoffs de ascenso á Eredivisie nas tempadas 2012/13 e 2013/14, pero non conseguiu subir de categoría.[5][6]

Cambio de donos e regreso á Eredivisie (2016-presente)

[editar | editar a fonte]

O club volveu enfrontarse a problemas financeiros en 2016, o que provocou a súa compra por parte do investidor turco Işıtan Gün, que anteriormente exercera como director de operacións do Galatasaray. A tempada 2016/17 comezou de xeito difícil para o club, pero conseguiron evitar o descenso tras cambiar de adestrador e fichar novos xogadores, incluídos algúns do Galatasaray.[7]

En 2018, despois de 16 anos na Eerste Divisie, o Fortuna ascendeu á Eredivisie tras vencer 1-0 ao Jong PSV e certificar o subcampionato de liga por detrás do Jong Ajax, que non podía ascender.[8] O Fortuna Sittard rematou no 16º posto na súa tempada de regreso á máxima categoría. Con todo, debido a que a tempada foi declarada nula por mor da pandemia de COVID-19, permaneceu na Eredivisie para a tempada 2020/21.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Como Fortuna 54
Como Sittardia
Como Fortuna Sittard
  1. "Fortuna Sittard: geen toekomst, maar een fraaie historie" (en neerlandés). 3 de xullo de 2002. Consultado o 19 de setembro de 2023. 
  2. "Help Fortuna! wint half miljoen bij staatsloterij" (en neerlandés). 6 de xaneiro de 2003. Consultado o 19 de setembro de 2023. 
  3. "‘Geldproblemen Fortuna Sittard voorbij door verkoop stadion’" (en neerlandés). 7 de decembro de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2023. 
  4. "KNVB gaat licentie Fortuna Sittard intrekken" (en neerlandés). 19 de maio de 2009. Consultado o 19 de setembro de 2023. 
  5. "Go Ahead en De Graafschap overtuigend door" (en neerlandés). 11 de maio de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2023. 
  6. "De Graafschap door in play-offs" (en neerlandés). 2 de maio de 2014. Consultado o 19 de setembro de 2023. 
  7. "Fortuna Sittard haalt speler ‘met vinkje op Twitter’ van Galatasaray" (en neerlandés). 4 de xaneiro de 2017. Consultado o 19 de setembro de 2023. 
  8. "Fortuna Sittard na zestien jaar terug in de eredivisie" (en neerlandés). 28 de abril de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2023.