Astana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAstana
Астана (kk) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Vista no inverno
Imaxe

Nomeado en referencia acapital Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 51°08′N 71°26′L / 51.13, 71.43Coordenadas: 51°08′N 71°26′L / 51.13, 71.43
EstadoCasaquistán Editar o valor em Wikidata
Enclave enAqmola (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Casaquistán (1997–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.078.362 (2019) Editar o valor em Wikidata (1.352,47 hab./km²)
Lingua oficialLingua casaca
lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie797,33 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Ixim Editar o valor em Wikidata
Altitude347 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Aqmola (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorFyodor Shubin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1830 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAltai Kólginov (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal010015 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
UTC+6 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico7172 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2KZ-71 e KZ-AST Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Vilnius
Uşak (pt) Traducir
Bixkek Editar o valor em Wikidata../... 24+

Sitio webgov.kz… Editar o valor em Wikidata

Astana[1][2][3] (en ruso e casaco Астана), antigamente coñecida como Akmola (en casaco: Ақмола / Aqmola), Akmolinsk (ruso: Акмолинск), Tselinogrado (en ruso: Целиноград) e Nur-Sultan (en casaco: Нұр-Cұлтан e ruso Нур-Султáн), é desde 1997 a capital de Casaquistán.

É a segunda meirande cidade do país, despois de Almati, a antiga capital. Segunda as estimacións oficiais, a súa poboación é de 1.350.228 no ano 2022.[4] Está localizada na parte norte de Casaquistán, na Provincia de Akmola. O seu nome, Astana, significa "capital" e foi escollido, entre outras razóns, por ser fácil da pronunciar en moitas linguas. Trala dimisión do presidente Nursultan Nazarbayev en 2019, a cidade foi rebautizada como Nur-Sultan, pero só tres anos despois recuperouse o nome de Astana.

O alcalde actual de Astana é Asset Issekeshev.

A Olimpíada Internacional de Informática de 2015 celebrouse en Astana.

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 1824 un grupo de cosacos siberianos, procedentes de Omsk, fundou unha fortaleza sobre as beiras do río Ixim. En torno a ela orixinouse a cidade de Akmolinsk. En 1961, na época da Campaña das Terras Virxes, foi rebautizada como Tselinograd e foi elixida como capital do Territorio das Terras Virxes Soviéticas (Celinnyj Kraj).

Cando en 1991 Casaquistán acadou a súa independencia, a cidade e a rexión tomaron o nome de Aqmola. No 1994 foi nomeada nova capital do país, en substitución de Almaty. No ano 1997, coincidindo co outorgamento do novo status de capital, a cidade recibiu o nome de Astana.

Sumas enormes de capitais -obtidas a través de exportacións petroleiras- foron investidas para construír as infraestruturas e edificacións precisadas pola nova función de capital, co obxectivo de convertela no gonzo da Asia Central.

Dentro deste programa de grandes infraestruturas no ano 2017 é sede dunha exposición universal que xira en torno ao tema das enerxías do futuro[5].

En marzo de 2019, tras a dimisión de Nursultan Nazarbayev, presidente do país durante 29 anos, o parlamento casaco aprobou o novo cambio de nome da cidade, sendo rebautizada como Nur-Sultan. Con todo, só tres anos despois, en 2022, realizouse un novo cambio de denominación, recuperando o nome de Astana.[6]

Razóns para trasladar a capital[editar | editar a fonte]

Entre as causas invocadas para desprazar a capital máis de mil quilómetros ao norte figuran as seguintes:

  • Almati, está situada sobre unha zona sísmica, e polo tanto ameazada con importantes estragos en caso dun terremoto;
  • Situada ao pé dos montes Tian Shan, Almaty non dispón de espazo suficiente para desenvolverse vantaxosamente;
  • A creación dunha nova capital é o pretexto para unha política de grandes obras para soster o crecemento económico;
  • Almati ten unha situación excéntrica de máis.

As análises do desprazamento foron aínda máis variadas e tentaban explicar motivos máis ocultos. Segundo algúns debíase ao propósito de pór a capital no centro do país e da estepa casaca; para outros[quen?] pesaba a idea de afastar o centro de decisións do país dos confíns coa China (Almaty dista apenas uns sesenta quilómetros do xigante asiático) para aproximalo as rexións do norte, as máis densamente habitadas por rusos, que poderían apoiar unha eventual anexión á "madre patria". Incluso, para moitos, o presidente Nursultan Nazarbajev, quería imitar ao seu ídolo Kemal Ataturk, quen trasladara a capital turca para Ancara, no centro do país.[Cómpre referencia]

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade está sita no Casaquistán central, sobre o río Ixim, circundada por unha zona plana, a estepa semi-desértica, que se estende pola maior parte do territorio casaco. Os barrios da cidade vella asentan ao norte do río, mentres os barrios novos sitúanse no sur do Ixim|Ixim. Astana está situada a 347 metros sobre o nivel do mar.

Climodiagrama de Astana

Clima[editar | editar a fonte]

Climaticamente Astana é a segunda capital máis fría do mundo (só superada por Ulaanbataar, en Mongolia), con temperaturas frecuentes entre -35 °C e -40 °C a últimos do outono. A cidade é coñecida tamén polas xeadas ao longo de seis meses. En fin, Astana ten un clima continental, con invernos excepcionalmente fríos e veráns moderadamente cálidos, e ao tempo áridos ou semiáridos.

A media anual de temperaturas en Astana é de 1 °C. Xaneiro é o mes máis frío, no que as medias atinxen -16 °C. Xullo é o mes máis quente con 20 °C.

Economía[editar | editar a fonte]

As funcións administrativas e de goberno son a principal actividade económica de Astana. A cidade pertence a unha Zona Económica Especial, que tenta desenvolver a cidade para que poida facer fronte á competencia de Almaty, que ten 1 500 000 de habitantes.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

A Avenida da República é o centro principal de actividade na cidade, onde hai tendas, cafeterías, restaurantes e discotecas.

  • Torre de Bayterek: símbolo da nova Astana.
  • Centro de entretemento de Khan Shatyr: Carpa xigante de 150 metros de altura cunha base elíptica de 200 metros que cobren uns 140 000 metros cadrados. Baixo a carpa hai unha área que cobre unha superficie equivalente a dez campos de fútbol e que é un parque interno a escala urbana adicado ás compras e o entretemento, con rúas peonís e prazas, cun río interno, un centro comercial, un espazo para o minigolf e unha praia cuberta.[7]
  • Avenida da República: actúa como o centro principal da actividade.
  • Oceanarium.
  • Centro Islámico.
  • Catedral Católica.
  • Mesquita Nacional Central de Astana.
  • Palacio da Paz e da Reconciliación.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kazakhstán". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1167. ISBN 978-84-8288-942-9. En 1996 acentúase o autoritarismo de Nazarbaiev que decide o traslado da capital a Astana (antiga Akmola) 
  2. "Kazakhstán". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9. Estado de Asia central que limita con China ao L, con Kirguizistán e Uzbekistán ao S, co Mar Caspio e unha pequena parte de Turkmenistán ao O e con Rusia ao N (2.724.900 km2; 14.842.000 [estim 2001]). A capital é Astana (313.000 h [1999]). 
  3. Santa María, I.; Massó, N. (2009). "Astana". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 193 C1. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  4. "stat.gov.kz". stat.gov.kz. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2020. Consultado o 2023-01-06. 
  5. "EXPO 2017 Astana". expo2017astana.com (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2017. Consultado o 2017-09-20. 
  6. "Kazakhstan changes capital's name from Nur-Sultan back to Astana" (en inglés). 18 de setembro de 2022. Consultado o 26 de setembro de 2022. 
  7. Trobar hotels prop de Centre d'Oci Khan Shatyr a Nur-Sultan
  8. "Kardeş Kentleri Listesi ve 5 Mayıs Avrupa Günü Kutlaması (via WaybackMachine.com)" (en Turkish). Ankara Büyükşehir Belediyesi - Tüm Hakları Saklıdır. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 2013-07-21. 
  9. "Twin cities of Riga". Riga City Council. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2008. Consultado o 27 de xullo de 2009. 
  10. "Gdańsk Official Website: 'Miasta partnerskie'" (en Polish & English). Urząd Miejski w Gdańsku. 2009. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2013. Consultado o 11 de xullo de 2009. 
  11. "Miasta partnerskie Warszawy". um.warszawa.pl. Biuro Promocji Miasta. 4 de maio de 2005. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2010. Consultado o 29 de agosto de 2008. 
  12. "Tbilisi Sister Cities". Tbilisi City Hall. Tbilisi Municipal Portal. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 2013-08-05. 
  13. "International Cooperation: Sister Cities". Seoul Metropolitan Government. www.seoul.go.kr. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2007. Consultado o 26 de xaneiro de 2008. 
  14. "Seoul -Sister Cities [via WayBackMachine]". Seoul Metropolitan Government (archived 2012-04-25). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2012. Consultado o 2013-08-23. 
  15. "Existing Sister Cities". City of Manila. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2009. Consultado o 2 de setembro de 2009. 
  16. "Sister Cities". Beijing Municipal Government. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de xuño de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]