Copa da UEFA Amateur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa da UEFA Amateur
Tipointernational association football national teams competition (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1967 – Editar o valor em Wikidata

A Copa da UEFA Amateur foi unha competición de fútbol de seleccións nacionais europeas non profesionais (afeccionados), organizada pola UEFA. Disputáronse catro edicións entre 1967 e 1978.

Historia[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1965, a UEFA exponse a creación dun torneo para seleccións de afeccionados, é dicir, non profesionais. Este torneo iniciaríase o mesmo ano no que comezou a disputarse a Copa da UEFA. O principal problema era definir cal era a diferenza entre o que era un xogador profesional e o que non, xa que entón non era moi habitual que un xogador fose profesional. É por isto que das 33 federacións adscritas á UEFA, tan só 12 se inscribiron para o torneo.

Ademais, unicamente podían participar federacións que contasen con categoría profesional, para diferenciar o fútbol profesional do afeccionado. Por esta razón, moitos países do leste e escandinavos quedaron fóra da competición xa que non contaban con liga profesional, polo que as súas estrelas quedaron sen disputar o torneo.

O formato de competición foi o seguinte. Doce seleccións divididas en catro grupos de tres equipos xogaron partidos a ida e volta. Os campións de grupo clasificáronse para a fase final disputada nunha única sede e con partidos a eliminatoria única, a semifinais, terceiro e cuarto posto e final.

Cabe destacar a anecdótica edición de 1974, na que Alemaña Federal e Iugoslavia acordaron compartir o título e non xogar unha final.

Tras a última edición de 1978, abandonaranse as competicións europeas para o fútbol afeccionado ata que en 1996 créase a actual Copa das Rexións da UEFA.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Sede da final Campión Subcampión Resultado
1967 España Palma Austria Austria Escocia Escocia 2-1
1970 Italia Forte dei Marmi España España Países Baixos Países Baixos 2-1
1974 Yugoslavia Rijeka Alemaña Federal Alemaña Federal
Iugoslavia Iugoslavia
Compartiron título
1978 Grecia Atenas Iugoslavia Iugoslavia Grecia Grecia 2-1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]