Sistema Internacional de Unidades
Sistema Internacional de Unidades | |
---|---|
![]() | |
Tipo | estándar internacionais, estándar técnico, sistema de unidades coherente e Sistema métrico |
[ editar datos en Wikidata ] |

O Sistema Internacional de unidades (en inglés: International System of Units e en francés: Le Système international d'unités), abreviado como SI ou SIU, é o nome adoptado pola XI Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (celebrada en París en 1960) para un sistema de unidades de medida universal, unificado e coherente, baseado no sistema MKS (metro-quilogramo-segundo). Na conferencia de 1960 definíronse os patróns para seis unidades básicas ou fundamentais e dúas unidades suplementarias (radián e estereorradián); en 1971 engadiuse unha sétima unidade fundamental, o mol. As dúas unidades suplementarias suprimíronse como clase independente dentro do Sistema Internacional na XX Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (1995); estas dúas unidades quedaron incorporadas ó SI como unidades derivadas sen dimensións. As sete unidades fundamentais enuméranse na táboa 1. Os símbolos da última columna son os mesmos en todos os idiomas.
No 2021 só tres países non o teñen como único sistema de medidas oficial: Liberia, Myanmar e EEUU, tendo no seu lugar os dous primeiros o Sistema Imperial Inglés, e o terceiro tendo o SI só como aconsellado.[1]
Unidades básicas[editar | editar a fonte]
O Sistema Internacional de Unidades (SI) define sete unidades básicas o unidades físicas fundamentais descritas por unha definición operacional.
Todas as demais unidades pódense derivar destas unidades básicas e coñécense como unidades derivadas do SI. A derivación faise por medio da análise dimensional. Úsanse prefixos para abreviar números moi grandes ou moi pequenos.
Magnitude física | Unidade | Símbolo | Relación entre elas |
---|---|---|---|
Lonxitude (l) | metro | m | ![]() |
Masa (m) | quilogramo | kg | |
Tempo (t) | segundo | s | |
Intensidade de corrente eléctrica (I) | ampere (ou amperio) | A | |
Temperatura (T) | kelvin | K | |
Cantidade de substancia (n) | mol | mol | |
Intensidade luminosa (I) | candela | cd |
Lonxitude[editar | editar a fonte]
Unidade: metro (m)
Un metro defínese como a distancia que percorre a luz no baleiro en 1/299.792.458 segundos. Esta norma foi adoitada en 1983, cando a velocidade da luz no baleiro foi definida exactamente como 299.792.458 m/s.
Masa[editar | editar a fonte]
Unidade: quilogramo (kg)
Un quilogramo defínese como a masa que ten un cilindro composto dunha aliaxe de platino-iridio que se garda na Oficina Internacional de Pesos e Medidas en Sèvres, cerca de París.
Tempo[editar | editar a fonte]
Unidade: segundo (s)
Un segundo é o tempo necesario para 9.192.631.770 ciclos dunha transición hiperfina no cesio 133. Esta definición foi adoitada en 1967.
Intensidade de corrente eléctrica[editar | editar a fonte]
Unidade: ampere (A)
O ampere é a corrente eléctrica constante que, mantida en dous condutores paralelos de lonxitude infinda, de sección circular desprezable e dispostos a unha distancia de 1 metro no baleiro, produce unha forza entre eles igual a 2×10−7 N por m de lonxitude.
Temperatura[editar | editar a fonte]
Unidade: kelvin (K)
O kelvin defínese como a fracción 1/273,16 da temperatura termodinámica do punto triplo do agua.
Cantidade de substancia[editar | editar a fonte]
Unidade: mol (mol)
Un mol é a cantidade de substancia dun sistema que ten tantas entidades elementais como átomos conteñen 0,012 kg de carbono 12.
Cando se usa o mol, as entidades elementais deben ser especificadas e poden ser átomos, moléculas, ións, electróns, outras partículas ou grupos específicos de partículas.
Intensidade luminosa[editar | editar a fonte]
Unidade: candela (cd)
Unha candela é a intensidade luminosa, nunha dirección dada, dunha fonte que emite radiación monocromática con frecuencia de 540×1012 Hz de xeito que a intensidade de radiación emitida, na dirección indicada, é de 1/683 W por estereorradián.
Unidades derivadas[editar | editar a fonte]
Magnitude física | Nome da unidade | Símbolo da unidade | Expresada en unidades derivadas | Expresada en unidades básicas |
---|---|---|---|---|
Frecuencia | hertz | Hz | s−1 | |
Forza | newton | N | m·kg·s−2 | |
Presión | pascal | Pa | N·m−2 | m−1·kg·s−2 |
Enerxía, traballo, calor | joule | J | N·m | m2·kg·s−2 |
Potencia | watt | W | J·s−1 | m2·kg·s−3 |
Carga eléctrica | coulomb | C | A·s | |
Potencial eléctrico, forza electromotriz | volt | V | J·C−1 | m2·kg·s−3·A−1 |
Resistencia eléctrica | ohm | Ω | V·A−1 | m2·kg·s−3·A−2 |
Condutividade eléctrica | siemens | S | A·V−1 | m−2·kg−1·s3·A2 |
Capacitancia eléctrica | farad | F | C·V−1 | m−2·kg−1·s4·A2 |
Densidade de fluxo magnético, indutividade magnética | tesla | T | V·s·m−2 | kg·s−2·A−1 |
Fluxo magnético | wéber | Wb | V·s | m2·kg·s−2·A−1 |
Indutancia | henry | H | V·A−1·s |
m2·kg·s−2·A−2 |
Temperatura | Grao Celsius | °C | K | |
Ángulo plano | Radián | rad | 1 | m·m−1 |
Ángulo sólido | Estereorradián | sr | 1 | m2·m−2 |
Fluxo luminoso | Lumen | lm | cd·sr | |
Iluminancia | Lux | lx | cd·sr·m−2 | |
Actividade radioactiva | Becquerel | Bq | s−1 | |
Dose de radiación absorbida | Gray | Gy | J·kg−1 | m2·s−2 |
Dose equivalente | Sievert | Sv | J·kg−1 | m2·s−2 |
Actividade catalítica | Katal | kat | mol·s−1 |
Outras[editar | editar a fonte]
Algunhas outras unidades que non teñen un nome especial pero son de uso común:
Magnitude física | Expresada en unidades derivadas | Expresada en unidades básicas |
---|---|---|
Área | m2 | m2 |
Volume | m3 | m3 |
Velocidade, rapidez | m·s−1 | m·s−1 |
Velocidade angular | s−1, rad·s−1 | s−1, rad·s−1 |
Aceleración | m·s−2 | m·s−2 |
Momento | N·m | m2·kg·s−2 |
Número de ondas | m−1 | m−1 |
Densidade | kg·m−3 | kg·m−3 |
Volume específica | m3·kg−1 | m3·kg−1 |
Concentración | mol·m−3 | mol·m−3 |
Volume molar | m3·mol−1 | m3·mol−1 |
Capacidade de calor, entropía | J·K−1 | 2·kg·s−2·K−1 |
Capacidade molar de calor, entropía molar | J·K−1·mol−1 | m2·kg·s−2·K−1·mol−1 |
Capacidade de calor específica, entropía específica | J·K−1·kg−1 | m2·s−2·K−1 |
Enerxía molar | J·mol−1 | m2·kg·s−2·mol−1 |
Enerxía específica | J·kg−1 | m2·s−2 |
Densidade de enerxía | J·m−3 | m−1·kg·s−2 |
Tensión superficial | N·m−1=J·m−2 | kg·s−2 |
Densidade de fluxo de calor | W·m−2 | kg·s−3 |
Condutividade térmica | W·m−1·K−1 | m·kg·s−3·K−1 |
Viscosidade cinemática, coeficiente de difusión | m2·s−1 | m2·s−1 |
Viscosidade dinámica | N·s·m−2 = Pa·s | m−1·kg·s−1 |
Densidade de carga eléctrica | C·m−3 | m−3·s·A |
Densidade de corrente eléctrica | A·m−2 | A·m−2 |
Condutividade eléctrica | S·m−1 | m−3·kg−1·s3·A2 |
Condutividade molar | S·m2·mol−1 | kg−1·mol−1·s3·A2 |
Permisividade | F·m−1 | m−3·kg−1·s4·A2 |
Permeabilidade | H·m−1 | m·kg·s−2·A−2 |
Intensidade de campo eléctrico | V·m−1 | m·kg·s−3·A−1 |
Intensidade de campo magnético | A·m−1 | A·m−1 |
Luminancia | cd·m−2 | cd·m−2 |
Exposición (raios X e gamma) | C·kg−1 | kg−1·s·A |
Taxa de dose absorbida | Gy·s−1 | m2·s−3 |
Prefixos[editar | editar a fonte]
Os múltiplos e submúltiplos decimais das unidades SI fórmanse por medio de prefixos, que designan os factores numéricos decimais polos que se multiplica a unidade. Os prefixos son:
10n | Prefixo | Símbolo | Escala curta | Escala longa | Equivalente decimal |
---|---|---|---|---|---|
1024 | yotta (iota**) | Y | Septillón | Cuadrillón | 1 000 000 000 000 000 000 000 000 |
1021 | zetta (zeta**) | Z | Sextillón | Millar de trillón | 1 000 000 000 000 000 000 000 |
1018 | exa | E | Quintillón | Trillón | 1 000 000 000 000 000 000 |
1015 | peta | P | Cuadrillón | Millar de billón | 1 000 000 000 000 000 |
1012 | tera | T | Trillón | Billón | 1 000 000 000 000 |
109 | xiga | G | Billón | Millar de millón | 1 000 000 000 |
106 | mega | M | Millón | Millón | 1 000 000 |
103 | quilo | k | Millar | Millar | 1 000 |
102 | hecto | h | Centena | Centena | 100 |
101 | deca | da | Decena | Decena | 10 |
100 | ningún | ningún | Unidade | Unidade | 1 |
10−1 | deci | d | Décimo | Décimo | 0,1 |
10−2 | centi | c | Centésimo | Centésimo | 0,01 |
10−3 | mili- | m | Milésimo | Milésimo | 0,001 |
10−6 | micro | µ (u) (*) | Millonésimo | Millonésimo | 0,000 001 |
10−9 | nano | n | Billonésimo | Milésimo de millonésimo | 0,000 000 001 |
10−12 | pico | p | Trillonésimo | Billonésimo | 0,000 000 000 001 |
10−15 | femto (fento**) | f | Cuadrillonésimo | Milésimo de billonésimo | 0,000 000 000 000 001 |
10−18 | atto (ato**) | a | Quintillonésimo | Trillonésimo | 0,000 000 000 000 000 001 |
10−21 | zepto | z | Sextillonésimo | Milésimo de trillonésimo | 0,000 000 000 000 000 000 001 |
10−24 | yocto (iocto**) | y | Septillonésimo | Quadrillonésimo | 0,000 000 000 000 000 000 000 001 |
* Pode ser escrito como 'u' se o 'µ' non estiver dispoñíbel, como en '10uF' |
Normas[editar | editar a fonte]
- Os símbolos dos prefixos que representan valores numéricos maiores ou iguais a 106 escríbense con maiúscula, mentres que as demais escríbense con minúscula. Exemplos: mega, M; hecto, h.
- Todos os nomes dos prefixos do SI escríbense con letra minúscula. Exemplos: quilo, mega, mili, micro, tera,...
- Un prefixo nunca debe ser usado só. Exemplo: 106 m3 , non Mm3 .
- Non se debe deixar espazo entre prefixo e unidade, e deben ser evitados os prefixos compostos. Exemplos: 1 pF , e non 1 p F ou 1μμF ; 1 nm , e non 1 mμ m .
- O agrupamento formado polo símbolo do prefixo unido ao símbolo da unidade enténdese como un símbolo novo e inseparábel, que pode ser elevado a potencias positivas ou negativas e ser combinado con outros símbolos de unidades para formar símbolos de unidades compostas. Deste xeito, un expoñente aplícase á unidade como un todo, incluíndo o seu prefixo. Exemplos: 1 cm3 = (10-2 m)3 = 10-6 m3 ; 1 cm-1 = (10-2 m)-1 = 102 m-1 ; 1 μs-1 = (10-6 s)-1 = 106 s-1 ; 1 V/cm = (1 V)/(10-2 m) = 102 V/m; km2 significa (km2), área dun cadrado que ten un quilómetro de lado, é dicir, 106 metros cadrados e nunca k(m2), que correspondería a 1000 metros cadrados.
- Cando un múltiplo ou submúltiplo dunha unidade se escribe con todas as letras, debe escribirse tamén o prefixo con todas as letras, comezando con minúscula. Exemplo: megahertz, e non Megahertz ou Mhertz.
- O quilogramo é a única unidade asociada a unha magnitude fundamental que no seu nome, e por motivos históricos, contén un prefixo. Os seus múltiplos e submúltiplos fórmanse engadíndolle os prefixos á palabra “gramo”. Exemplo: 10-6 kg =1 mg= 1 miligramo, e non 1 microquilogramo ou 1 μkg .
- Os múltiplos e submúltiplos das unidades de medida deben ser xeralmente escollidos de xeito que os valores numéricos estean entre 1 e 1000. Exemplo: 750 km e non 750 000 m .
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sistema Internacional de Unidades ![]() |
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Sistema Internacional de Unidades |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Real Decreto 1317/1989 en htm (ou aquí) (derrogado por RD 2032/2009).
- Modificación en 1997 do RD 1317/1989 en htm (ou en pdf) (derrogado por RD 2032/2009).
- Comentarios técnicos ó Real Decreto 1317/1989
- Real Decreto 2032/2009, de 30 de decembro, polo que se establecen as unidades legais de medida -en España- (BOE nº 18, de 21 de xaneiro de 2010
- Real Decreto 493/2020, de 28 de abril, polo que se modifica o Real Decreto 2032/2009, de 30 de decembro, polo que se establecen as unidades legais de medida -en España-.
Prefixos do Sistema Internacional de Unidades | Prefixos binarios | |||||||
10n | Prefixo decimal | Símbolo | Escala curta | Escala longa | Equivalente decimal | Valor binario | Prefixo binario | Símbolo |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1024 | yotta- | Y | Septillón | Cuadrillón | 1 000 000 000 000 000 000 000 000 | 280 B | yobi- | YbB |
1021 | zetta- | Z | Sextillón | Millar de trillón | 1 000 000 000 000 000 000 000 | 270 B | zebi- | ZbB |
1018 | exa- | E | Quintillón | Trillón | 1 000 000 000 000 000 000 | 260 B | exbi- | EbB |
1015 | peta- | P | Cuadrillón | Millar de billón | 1 000 000 000 000 000 | 250 B | pebi- | PbB |
1012 | tera- | T | Trillón | Billón | 1 000 000 000 000 | 240 B | tebi- | TbB |
109 | xiga- | G | Billón | Millar de millón | 1 000 000 000 | 230 B | xibi- | GbB |
106 | mega- | M | Millón | Millón | 1 000 000 | 220 B | mebi- | MbB |
103 | quilo- | k | Millar | Millar | 1 000 | 210 B | quibi- | kbB |
102 | hecto- | h | Centena | Centena | 100 | |||
101 | deca- | da | Decena | Decena | 10 | |||
100 | ningún | ningún | Unidade | Unidade | 1 | 20 | ningún | B |
10−1 | deci- | d | Décimo | Décimo | 0,1 | |||
10−2 | centi- | c | Centésimo | Centésimo | 0,01 | |||
10−3 | mili- | m | Milésimo | Milésimo | 0,001 | |||
10−6 | micro- | µ (u*) | Millonésimo | Millonésimo | 0,000 001 | |||
10−9 | nano- | n | Billonésimo | Milésimo de millonésimo | 0,000 000 001 | |||
10−12 | pico- | p | Trillonésimo | Billonésimo | 0,000 000 000 001 | |||
10−15 | femto- | f | Cuadrillonésimo | Milésimo de billonésimo | 0,000 000 000 000 001 | |||
10−18 | atto- | a | Quintillonésimo | Trillonésimo | 0,000 000 000 000 000 001 | |||
10−21 | zepto- | z | Sextillonésimo | Milésimo de trillonésimo | 0,000 000 000 000 000 000 001 | |||
10−24 | yocto- | y | Septillonésimo | Quadrillonésimo | 0,000 000 000 000 000 000 000 001 | |||
* Pode ser escrito como 'u' se o 'µ' non estiver dispoñíbel, como en '10uF'. Para o uso en informática dos prefixos con valores 103 ou superiores, véxase prefixo binario. |
- ↑ Rus, Cristian (2021-01-29). "El día que la NASA estrelló una sonda en Marte porque alguien se olvidó de usar el sistema métrico". Xataka (en castelán). Consultado o 2021-02-02.