Quilo-

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Quilo (símbolo: k) é un prefixo do Sistema Internacional de Unidades que equivale a 1.000 unidades ou 103. Por exemplo:

Adoptado en 1795, vén do grego χίλιοι, que significa mil.

Coloquialmente úsase con frecuencia o termo apocopado "quilo", como abreviatura de "quilogramo".


En informática, quilo non é sempre exactamente 1.000, senón que equivale a 1.024 (210), en especial, cando se refire a almacenamento. Por exemplo, un quilobyte son 1.024 bytes, non 1.000.

Así a todo, quilo- e mega- teñen o seu significado tradicional procedente do Sistema Internacional cando se refiren a velocidades ou transferencias de datos. Por exemplo, 56 quilobits por segundo son 56.000 bits por segundo, non 57.344.

Unha convención común consiste en utilizar k (en minúsculas) para 1000 e K (en maiúsculas) para 1.024.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de quilo-
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de k

Outros artigos[editar | editar a fonte]