Conferencia Xeral de Pesos e Medidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conferencia Xeral de Pesos e Medidas
AcrónimoCGPM e CGPM
Tipoorganización intergobernamental
Área de operaciónPaíses acollidos ao Sistema métrico decimal
Data de fundación1875
SedeMetrópole da Grande Paris
Na rede
https://www.bipm.org/ e https://www.bipm.org/fr/
editar datos en Wikidata ]

A Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (en francés: Conférence générale des poids et mesures (CGPM)) é o órgano de decisión da Oficina Internacional de Pesos e Medidas.[1]

Ten ao seu cargo tomar decisións en materia de metroloxía e, en particular, no que concirne ao Sistema Internacional de Unidades.

Foi creada pola Convención do Metro, en 1875.

Está integrada polos delegados dos Estados membros da Convención do Metro e os Estados asociados, e reúnese unha vez cada 4 anos. A primeira conferencia tivo lugar en 1889, e as catro últimas en 2007 (23.ª), 2011 (24.ª), 2014 (25.ª) e 2018 (26.ª).

As reunións lévanse a cabo nas instalacións da Oficina Internacional de Pesos e Medidas situadas na cidade de Sèvres, un suburbio de París.

Para realizar a conferencia, os delegados baséanse nos informes do Comité Internacional de Pesos e Medidas.

En 1960, na undécima CGPM, o sistema de medidas, primeiro coñecido como Sistema métrico decimal e máis tarde, pola súa ampliación, coñecido como sistema MKS, foi chamado oficialmente Sistema Internacional de Unidades.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.